14ª Xornada Infantil
Barbadás B 2:3 Xinzo de Limia
Allariz 6:4 Ourense B
Maceda 4:0 Celanova
Velle B 1:4 Santa Teresita
Verín 8:0 Ponte Ourense C
Pavillón B 5:2 Bosco
10ª Xornada Alevín
Maristas B 2:3 Barbadás B
Celanova 3:4 Santa Teresita
Arranxar 0:7 Ourense B
Allariz 2:4 Ponte Ourense B
Xinzo de Limia B - Pavillón C (Aprazado)
Velle 1:4 Verín B
Esta mañá xogaron no Campus Universitario os equipos alevíns do Maristas B e o Barbadás B. Moita máis igualdade sobre o terreo de xogo do que reflexa a clasificación de ambos na liga. Faltoulle ao Maristas algo de calidade nos metros finais, en canto a control de balón e sobre todo disparo a porta. Ao Barbadás sobroulle Martín, o porteiro do Maristas e o mellor do partido con diferenza. Adiantouse no marcador o Maristas na primeira metade, cun golazo de falta directa. Despois de sendos man a man dos xogadores do Barbadás que despexou milagrosamente Martín, á terceira chegaría a vencida, e o empate do Barbadás. Con 1:1 chegaríase ao descanso. As contras dos visitantes eran perigosísimas, pero aí estaba o porteiro local para salvar o que parecía insalvable. Non puido evitar o 1:2 no comezo da segunda parte. Cando parecía que o partido se puña costa arriba para o Maristas, chegaría o empate a dous grazas a un auténtico golazo. Seguíao intentando o Barbadás, e seguíao parando todo Martín. O 2:3 chegaría grazas a unha falta directa ao borde da área. Despois, contras do Barbadás que pretendía sentenciar o partido, pero que remataban despexadas polo porteiro local ou co balón a rentes dos paus. O Maristas, sen tanta claridade, acercábase á porta visitante sabendo que o empate estaba a tan só un gol. Non puido ser, e o partido rematou con vitoria do Barbadás, 2:3 e cun Martín (igual que o noso porteiro infantil) que deu unha lección de fútbol esta mañá sobre o campo universitario.
ResponderEliminar