Se os despachos foron os protagonistas da primeira volta contra o Santa Teresita, nesta segunda volta tocoulle o turno ao árbitro. Se aquela épica vitoria sobre o terreo de xogo quedou en derrota fóra do campo, hoxe tocou sufrir a pésima actuación dun árbitro que, despois dunha mediocre e caseira arbitraxe, perdeu por completo os papeis nos minutos finais do partido. Primeira metade igualada. O Santa Teresita púxose con 2:0 a favor, pero o Arranxar seguía buscando acortar distancias. O 2:1 chegaba xusto antes do descanso. Na segunda metade, dominio do Arranxar. Nunha das claras ocasións, o 2:2. Cando parecía perto o 2:3, chegaba o 3:2. Cousas do fútbol. O equipo sufriuno. Máis sufriu cunha rigorosa expulsión. O fútbol volvía pasar a un segundo plano. Os goles seguían chegando, e a indignación, aumentando. Nos minutos finais, o colexiado perdería completamente os papeis expulsando a quen se lle puña por diante do equipo visitante, e chegando incluso a insultar aos rapaces do Arranxar. O peor, as consecuencias de cara aos vindeiros partidos. Oxalá a Federación tome cartas no asunto, porque cousas así non deberían volver acontecer, e mais cando estamos a falar dunha categoría infantil.
PD. Ánimo, Yony! Pronto estarás de novo á fronte do equipo!

ResponderEliminarPD. Ánimo, Yony! Pronto estarás de novo á fronte do equipo!