Inxusta e dolorosa derrota do Arranxar esta mañá nos Remedios, nun partido igualado no que a sorte non quixo acompañar a uns rapaces que deixaron todo no campo. Primeira metade sen claras ocasións de gol. Efectividade local, con dous lanzamentos que entraron despois de tocar en sendos paus. Non aproveitou o Arranxar o rexeite tras un lanzamento de falta. Descanso con 2:0 no marcador. Na segunda metade, a loita, a coraxe, e Santi e Iago e as contras mortais que puñan o 2:2 aos catro minutos da reanudación. Magnífico traballo en defensa, cortando os balóns e impedindo as chegadas claras do Pavillón, e perigo e rapidez adiante. Ocasións para o 2:3. O que chegou foi o 3:2. Seguidamente, o 4:2. Pero o equipo non se veu abaixo. Osama acorta distancias nunha falta, e de novo Iago, inmenso coma sempre, empata o partido. Pero o fútbol adoita ser cruel co Arranxar, e cando os rapaces buscaban a vitoria chegou o 5:4 para o Pavillón no último minuto. Incluso puido chegar o empate no desconto, pero a sorte volveu esquivar a este equipo que merece moito máis do que di a súa clasificación. Aínda hai tempo e partidos, e seguro han chegar máis vitorias.

ResponderEliminar