E chegou por fin a primeira vitoria! Partido igualado, con dúas partes para cada equipo. Na primeira, un Arranxar ben posicionado pero algo lento trataba de aguantar as arremetidas dos rapaces do Allariz, moi rápidos e con desmarques constantes polas bandas. Foi o Arranxar quen se adiantou no marcador, nunha das escasas chegadas do equipo á meta visitante. Non acompañaba a puntería nos, hoxe por fin, numerosos lanzamentos a porta, co que apenas se creaba perigo. Pola contra, o Allariz seguía xogando con velocidade e parecía que podía chegar o empate en calquera momento. E así foi. A continuación virían os peores momentos do Arranxar e, xusto antes do descanso, o segundo gol do Allariz. A segunda metade foi por completo do Arranxar. Unha actitude totalmente distinta, de loita, presión, traballo… Parecía outro equipo. O empate chegou cedo, e despois a emoción do resultado, cun Allariz que non se parecía en nada ao da primeira metade (en parte polo cansazo pero tamén pola forza dos locais) e un Arranxar que non se conformaba co empate. A primeira vitoria era posible, e chegou do mellor xeito, cun gol nos derradeiros minutos que culminaba unha remontada histórica para un equipo que quizais non conte con moitos medios, pero que ten un corazón enorme.
noraboa rapaces ,como vedes se se loita e se traballa en equipo, podese ganar.A máis dificil é a primeira vitoria,ahora que sabedes que se pode lograr hai que ir sempre a ganar.
grazas a Paulo pol traballo facendo esta paxina,polas fotos e sobre todo pola súa adicación ao equipo ,que non tendo a naide dentro del traballa como o que máis,grazas polo resumo deportivo do partido.
Parabéns, rapaces!!!
ResponderEliminarPaulo
E chegou por fin a primeira vitoria! Partido igualado, con dúas partes para cada equipo. Na primeira, un Arranxar ben posicionado pero algo lento trataba de aguantar as arremetidas dos rapaces do Allariz, moi rápidos e con desmarques constantes polas bandas. Foi o Arranxar quen se adiantou no marcador, nunha das escasas chegadas do equipo á meta visitante. Non acompañaba a puntería nos, hoxe por fin, numerosos lanzamentos a porta, co que apenas se creaba perigo. Pola contra, o Allariz seguía xogando con velocidade e parecía que podía chegar o empate en calquera momento. E así foi. A continuación virían os peores momentos do Arranxar e, xusto antes do descanso, o segundo gol do Allariz. A segunda metade foi por completo do Arranxar. Unha actitude totalmente distinta, de loita, presión, traballo… Parecía outro equipo. O empate chegou cedo, e despois a emoción do resultado, cun Allariz que non se parecía en nada ao da primeira metade (en parte polo cansazo pero tamén pola forza dos locais) e un Arranxar que non se conformaba co empate. A primeira vitoria era posible, e chegou do mellor xeito, cun gol nos derradeiros minutos que culminaba unha remontada histórica para un equipo que quizais non conte con moitos medios, pero que ten un corazón enorme.
ResponderEliminarPaulo
noraboa rapaces ,como vedes se se loita e se traballa en equipo, podese ganar.A máis dificil é a primeira vitoria,ahora que sabedes que se pode lograr hai que ir sempre a ganar.
ResponderEliminargrazas a Paulo pol traballo facendo esta paxina,polas fotos e sobre todo pola súa adicación ao equipo ,que non tendo a naide dentro del traballa como o que máis,grazas polo resumo deportivo do partido.
ResponderEliminar