Partidazo inmenso, un dos mellores da temporada, o disputado esta mañá en Barbadás: emoción, intensidade, goles… e a segunda vitoria do Arranxar! Merecido triunfo dun equipo que sempre estivo por diante no marcador, aínda que o gol da vitoria chegara no desconto da segunda metade. Maior emoción, imposible. O Arranxar vai mellorando conforme avanza a temporada. Despois dunha primeira vitoria moi traballada contra o Allariz a semana pasada, esta semana tocaba visitar un campo moi complicado, o do Barbadás B. Despois duns minutos de tanteo inicial entre ámbolos equipos, adiantábase o Arranxar grazas a unha falta. Pouco duraría a ledicia dos visitantes, pois o Barbadás empataría dous minutos despois. Un Arranxar moi ben colocado sobre o terreo de xogo, presionando, roubando o balón e saíndo á contra, a piques estivo de se adiantar de novo no marcador, pero o porteiro do Barbadás despexou ben co pé. Os locais responderon cun tiro cruzado que saíu a rentes do pao dereito. Noutra falta chegaría o segundo tanto do Arranxar. Continuaba a presión, a loita, os roubos de balón e as saídas perigosísimas, desbordando por velocidade, sobre todo pola banda dereita. Así chegou o terceiro gol visitante. Apretou o Barbadás nos últimos minutos da primeira parte, conseguindo o segundo gol e chegando ao descanso con 2:3 no marcador. Na segunda metade, un toma e daca constante, onde o Barbadás conseguía empatar e o Arranxar respondía adiantándose de novo. O empate a cinco chegou nos últimos minutos do partido, e cando parecía que non se movería o marcador, un rápido contraataque do Arranxar terminaría no sexto gol e na segunda vitoria consecutiva duns rapaces que están sen dúbida no seu mellor momento da temporada e que, a falta de tres partidos para a fin da primeira volta, poden chegar moi lonxe nesta liga.
MOI BEN RAPACES.HOXE SI QUE DESTES UNHA LECCIÓN DE FUTBOL.AUPA ARRANXAR.
ResponderEliminarPARTIDAZOOOOO!
ResponderEliminarA SEGUIR ASI.
Partidazo inmenso, un dos mellores da temporada, o disputado esta mañá en Barbadás: emoción, intensidade, goles… e a segunda vitoria do Arranxar! Merecido triunfo dun equipo que sempre estivo por diante no marcador, aínda que o gol da vitoria chegara no desconto da segunda metade. Maior emoción, imposible.
ResponderEliminarO Arranxar vai mellorando conforme avanza a temporada. Despois dunha primeira vitoria moi traballada contra o Allariz a semana pasada, esta semana tocaba visitar un campo moi complicado, o do Barbadás B. Despois duns minutos de tanteo inicial entre ámbolos equipos, adiantábase o Arranxar grazas a unha falta. Pouco duraría a ledicia dos visitantes, pois o Barbadás empataría dous minutos despois. Un Arranxar moi ben colocado sobre o terreo de xogo, presionando, roubando o balón e saíndo á contra, a piques estivo de se adiantar de novo no marcador, pero o porteiro do Barbadás despexou ben co pé. Os locais responderon cun tiro cruzado que saíu a rentes do pao dereito. Noutra falta chegaría o segundo tanto do Arranxar. Continuaba a presión, a loita, os roubos de balón e as saídas perigosísimas, desbordando por velocidade, sobre todo pola banda dereita. Así chegou o terceiro gol visitante. Apretou o Barbadás nos últimos minutos da primeira parte, conseguindo o segundo gol e chegando ao descanso con 2:3 no marcador. Na segunda metade, un toma e daca constante, onde o Barbadás conseguía empatar e o Arranxar respondía adiantándose de novo. O empate a cinco chegou nos últimos minutos do partido, e cando parecía que non se movería o marcador, un rápido contraataque do Arranxar terminaría no sexto gol e na segunda vitoria consecutiva duns rapaces que están sen dúbida no seu mellor momento da temporada e que, a falta de tres partidos para a fin da primeira volta, poden chegar moi lonxe nesta liga.
Moitas grazas a Loly polas súas fotos.
ResponderEliminar