Non puido ser. Rematou a primeira volta cunha rotunda derrota que, despois das boas sensacións dos últimos partidos, debe dar para reflexionar. Por primeira vez nesta temporada o Arranxar non foi capaz de marcar ningún gol. E iso que as cousas comezaron ben, cun xogo intenso e boas ocasións para ámbolos equipos. Os locais acercábanse con moito perigo polas bandas e puideron adiantarse no marcador nalgún man a man diante do porteiro. Pero hoxe a fortuna non estaba do noso lado. O Maristas tamén creaba ocasións de perigo. Nunha destas, no minuto dez, chegaba o 0:1. A continuación, os peores momentos do Arranxar, que os visitantes aproveitarían para marcar dous goles máis. Apretou algo o equipo local cara o final da primeira parte, pero o descanso chegaría con 0:3 no marcador. No comezo da segunda metade, de novo a igualdade, aínda que sen tanto perigo como na primeira. Un gol do Arranxar podía metelo no partido, pero un balón colgado sobre a área local non foi despexado con contundencia, e o que acabaría chegando sería o cuarto tanto do Maristas. Como na primeira metade, xogábase o minuto dez. E tamén como na primeira metade, os visitantes marcarían dous tantos máis aproveitado o desconcerto do Arranxar. Co partido sentenciado, só quedaba agardar o gol da honra nesta xélida mañá. Pero non chegou. Vitoria xusta do equipo visitante e lección táctica do seu adestrador, que non deixou de colocar e dirixir aos seus xogadores nin un minuto en todo o partido. Un mes de descanso antes da segunda volta. Un mes para reflexionar.
Evidentemente, cada quen ten a súa opinión. Eu limítome a dar a miña. Creo que temos os vimbios precisos para forxar un grande equipo. Mais creo que precisamos dun artesán que dea forma a este edificio. Hoxe xogamos dous partidos, e sentín envexa polos respectivos adestradores rivais. Só quería compartir convosco este sentir.
Non puido ser. Rematou a primeira volta cunha rotunda derrota que, despois das boas sensacións dos últimos partidos, debe dar para reflexionar.
ResponderEliminarPor primeira vez nesta temporada o Arranxar non foi capaz de marcar ningún gol. E iso que as cousas comezaron ben, cun xogo intenso e boas ocasións para ámbolos equipos. Os locais acercábanse con moito perigo polas bandas e puideron adiantarse no marcador nalgún man a man diante do porteiro. Pero hoxe a fortuna non estaba do noso lado. O Maristas tamén creaba ocasións de perigo. Nunha destas, no minuto dez, chegaba o 0:1. A continuación, os peores momentos do Arranxar, que os visitantes aproveitarían para marcar dous goles máis. Apretou algo o equipo local cara o final da primeira parte, pero o descanso chegaría con 0:3 no marcador. No comezo da segunda metade, de novo a igualdade, aínda que sen tanto perigo como na primeira. Un gol do Arranxar podía metelo no partido, pero un balón colgado sobre a área local non foi despexado con contundencia, e o que acabaría chegando sería o cuarto tanto do Maristas. Como na primeira metade, xogábase o minuto dez. E tamén como na primeira metade, os visitantes marcarían dous tantos máis aproveitado o desconcerto do Arranxar. Co partido sentenciado, só quedaba agardar o gol da honra nesta xélida mañá. Pero non chegou. Vitoria xusta do equipo visitante e lección táctica do seu adestrador, que non deixou de colocar e dirixir aos seus xogadores nin un minuto en todo o partido. Un mes de descanso antes da segunda volta. Un mes para reflexionar.
Evidentemente, cada quen ten a súa opinión. Eu limítome a dar a miña. Creo que temos os vimbios precisos para forxar un grande equipo. Mais creo que precisamos dun artesán que dea forma a este edificio. Hoxe xogamos dous partidos, e sentín envexa polos respectivos adestradores rivais. Só quería compartir convosco este sentir.
ResponderEliminar