sábado, 4 de diciembre de 2010

Resultado Arranxar 9ª Xornada

Arranxar 10:1 Ourense C

12 comentarios:

  1. 10:1 Non, non é unha errata. Non se escapou ningún cero ao escribir. Dez a Un foi o resultado final que reflexa a superioridade do Arranxar hoxe sobre o terreo de xogo. Chegou a terceira vitoria consecutiva! E para celebralo, qué mellor que unha goleada histórica, inesquecible, para uns rapaces que están que se saen!
    O partido comezou cun Arranxar controlando o xogo e chegando á porta rival sen moito perigo. O Ourense C, pola contra, respondía con lanzamentos lonxanos ben atrapados polo meta local. Mantíñase a tónica dos últimos partidos, cun Arranxar presionando ben, roubando balóns e saíndo á contra con velocidade. Mediada a primeira metade chegou a xogada do partido. Nunha das numerosas incursións de Manu pola banda dereita, foise con calidade e velocidade do seu rival, entrou na área e chutou forte e colocado ao pao contrario do porteiro ourensanista, entrando o balón pola escuadra. Un auténtico golazo. Un ataque do Ourense C culminado cun balón ao pao era respondido con outro ao traveseiro por parte do Arranxar no saque dunha falta. Os locais chegaban cada vez con máis perigo, cando unha recuperación de balón ao borde da área poñía o dous a cero no marcador. O terceiro chegaría xusto antes do descanso. Con 3:0 remataría a primeira metade. Na segunda chegaría o festival de goles do Arranxar. Aínda que curiosamente sería o Ourense C quen marcaría o seu único tanto xusto ao comezo da segunda parte. Parecía que podía chegar a emoción, que habería que sufrir coma nas últimas semanas. Nada máis lonxe da realidade. Os rapaces do Arranxar non estaban dispostos a deixar escapar este partido. Seguiu a presión, cunhas liñas moi adiantadas, perigosísimos roubos de balón e contraataques mortais que facían que os goles fosen caendo, un tras outro, ata completar esta vitoria e este resultado histórico para un equipo de dez!

    ResponderEliminar
  2. Moitas grazas de novo á nosa fotógrafa, Loly.

    ResponderEliminar
  3. Por certo, derrotas de Allariz e Celanova. Así que, co Xinzo cun partido menos (contra o Bosco), hai un cuádruplo empate na clasificación (a 9 puntos)!

    ResponderEliminar
  4. GRAZAS A TI por ter sempre ó día a páxina e ternos tan ben informados, que isto parece o "Minuto y Resultado": ós 10 minutos de acabar o partido xa tes colgado o resultado. Iso si que é eficacia.

    E grazas ós rapaces por xogar con ilusión e facer que nos ilusionemos tamén os papás.

    A seguir así.

    ResponderEliminar
  5. ``Paulo´´.O partido nos primeiros minutos dominamolo nós e con tiros lonxanos pero tamén cercanos.No primeiro minuto o meu compañeiro,Mario fixo un centro-chut dende a banda dereita que de non ser porque o meu compañeiro Xavi esvarou e non puido rematar,que de ser así,houbera sido gol porque o voso porteiro estaba cubrindo a banda dende a que se realizou o centro-chut.De haber entrado o noso tiro ao pau,houberamos entrado nun empate que poría moita máis emoción ó partido e que nos subiría moito a moral.Na segunda parte,no minuto 1,marcamos o gol,e,dende eí,os vosos marcaronnos os 6 goles seguintes(6,porque un dises foi en propia porta,nosa).De controlar o xogo o Arranxar nada,controlamono nós,sobretodo nos primeiros 10 minutos.O que pasou foi que xogamos unha segunda parte malísima e meteronos seis goles máis alcanzando un resultado,casi,casi,insalbable.
    Por certo,o que mandou o tiro ao pau e o que marcou o único gol do Ourense c fun eu,Patrick.
    Patrick,xogador do C.D.OURENSE ALEVÍN C.

    ResponderEliminar
  6. Patrick, evidentemente cada un ten a súa visión do que pasa sobre o terreo de xogo, e todas son respectables. Eu non utilicei en ningún momento a palabra "dominar", porque nos primeiros minutos, e na miña opinión, non dominou ninguén o partido. Se falo de "control" é porque evitamos que creásedes ocasións claras de perigo (a maioría dos vosos tiros a porta foron lonxanos). Tamén dixen que neses primeiros minutos o Arranxar non chegaba con perigo á porta rival. Valoro a túa opinión e agradezo as túas aportacións. E reitero os meus ánimos, a ti e ao Ourense C.

    ResponderEliminar
  7. Perdón Paulo.Moitas grazas.Entendín algo mal o mensaxe,pero vendoo dende outro punto de vista,tes razón.Normal que eu defenda o meu equipo,pero hai que admitir que vos xogastes moito mellor na segunda parte,onde nos floxeamos.
    Espero que aceptes as miñas disculpas.
    Patric,XOGADOR DO C.D.OURENSE ALEVÍN C.

    ResponderEliminar
  8. Non hai nada que desculpar, Patrick. Moitas grazas a ti, polos teus comentarios, e moita sorte no futuro.
    Un saúdo!

    ResponderEliminar
  9. mario ourense c5/12/10, 12:52

    soy mario de ourense c nos perdimos por que o nos entrenador non save entrenarnos.moy bo partido.

    ResponderEliminar
  10. Patrick c.d.ourense c5/12/10, 13:10

    Mario.Diego sabe entrenar.O que pasa e que somos moitos os que viñemos novos iste ano e non estamos moi compenetrados.Diego metenos a todos o mesmos tempo para xogar e non fi distincións para xogar.E trata a todos por igual.Il en moy bó entrenador.Digo il,e iste e algunhas palabras máis así porque son de Lovios é elí falamos dunha forma distinta,tamén falan distinto na costa etamén temos algo de gueada.
    Noraboa por istes triunfos vosos,o Arranxar e a loitar polo séptimo posto,que vós podedes,e seguro que chegades moito máis lonxe.
    Patrick,xogador do C.D.OURENSE ALEVÍN C.

    ResponderEliminar
  11. mario ourense c5/12/10, 13:15

    patrik é como patricio de bob esponja non save o que di.Non lle fagades caso.

    ResponderEliminar
  12. Patrick c.d.ourense c5/12/10, 13:23

    Que non Che fagan caso e tí,se queres que se vaia Diego dillo a cara,pero todo o equipo está a favor dil.Vaillo decir a cara a ver se tes coll..ns!Despois,se non o despiden e gañamos partidos vaste arrepintir do que dixeches huxe.
    Lamento este espectáculo na páxina do Arranxar,eu estaba chateando cuil na nosa páxina,do ourense c e dixenlle que mirara esta páxina e vira os meus comentarios e,de paso puxera un.Pero vese que a educación deuxousa nalgún lado...
    Patrick,xogador do C.D.OURENSE ALEVÍN C.

    ResponderEliminar

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.