Primeiro partido de liga do equipo infantil esta tarde no campo de Oira. Sol abrasador, calor extenuante e só 11 xogadores. Boa primeira metade do Arranxar, que se adiantaba 3:1 no marcador. Nos últimos minutos conseguiría igualar o Santa Teresita, chegándose ao descanso con 3:3. Na segunda metade foron mellores os visitantes, que puñan o marcador nun complicado 3:6. Pero non se rendiron os rapaces do Arranxar, que acortarían distancias grazas a Juan, autor dos catro goles locais. Pero o lóxico cansazo dunha tórrida tarde sen posibilidade de cambios imposibilitou a remontada. Outra vez será. Isto foi só o comezo, e hai noticias esperanzadoras de cara ás vindeiras xornadas. Forza Arranxar!

ResponderEliminar