Primeira e importantísima vitoria do equipo infantil do Arranxar esta mañá en Oira. E polo visto na primeira metade (que foi a única que puiden presenciar), merecidísima. Defensa contundente, intensa presión no centro do campo cos conseguintes roubos de balón e ataques perigosos. O Ponte acercouse un par de veces con perigo, pero a sorte desta vez estivo da nosa parte. Dous goles, nos minutos 13 e 25, e algún otro que ben puido chegar, encarrilaban o encontro a prol do Arranxar. Pero dúas contras do Ponte empataban o mesmo e levaban o desánimo ás bancadas hoxe locais pouco antes do descanso. Até que no minuto 39,e no saque dunha falta directa, Rubén establece o 3:2 cun lanzamento imparable que entra na portería pontina despois de pegar no longueiro. Xusto premio para o traballo do Arranxar nesa primeira metade. Catro tantos máis deixaban o marcador final nun ilusionante 7:5 con aínda moita liga por diante.

ResponderEliminar