Partido espectacular o xogado esta mañá polo equipo infantil do Arranxar no que foi a primeira toma de contacto co novo campo das Eiroás. Álex e Ángel moi seguros na portería, defensa inconmensurable, especialmente Manu, centro do campo inmenso e perigo constante arriba, con Juan, Yony, Iago e un inspirado e rapidísimo Rubén do equipo alevín. Adiantaríase o Santa Teresita no marcador no minuto 11, ao transformar un penalti por man dentro da área. Pero o Arranxar seguiu buscando o gol con constantes chegadas perigosas. No 15, Juan vaise do defensa e supera ao porteiro local, levando as táboas ao marcador. O Arranxar controlaba o partido, mentres o Santa Teresita intentaba crear perigo con algunha contra. Precisamente nun contragolpe culminado por Yony adiantaríase o Arranxar. Un erro da zaga local é aproveitado por Juan para levar o 1:3 ao marcador. Seguía a crear perigo o Arranxar, xogando con intensidade e rapidez. Claras oportunidades perto do descanso. Na última xogada desta primeira metade, Rubén engancha un gran tiro desde fóra da área e marca o cuarto tanto. Na segunda metade, máis do mesmo. Non baixou o ritmo o Arranxar, e así chegaron outros catro tantos que culminaron un dos mellores encontros deste equipo en moito tempo, e que o mete de cheo na loita pola segunda posición que dá o pase para a seguinte fase da Copa Deputación. Aínda queda moito por xogar, e non debemos confiarnos. Parabéns polo partido de hoxe, e a seguir traballando así!
Goles Primeira parte: 1:0 (minuto 11) 1:1 (minuto 15) Juan 1:2 (minuto 27) Yony 1:3 (minuto 34) Juan 1:4 (minuto 40) Rubén
Segunda parte: 1:5 (minuto 5) Juan 1:6 (minuto 7) Rubén 1:7 (minuto 15) Osama 1:8 (minuto 32) Juan
Haber se esta claro,o mellor é o delanteiro leon ,e o arranxar ten que ascender a galegaa,e o gol do rufooo foy un uñote tremendo que ainda queisase a pelotaa jaja,PD:Soy Juann ,hoy a entrenar e.e jaja
Vaia uñote de ruben que pinchou a pelota ca uña e rompeu a bota!!!! O mellor do partido foi Juan e por certo, Juan, dille a tua nai que quero que sexa a miña sogra guapoo
Partido espectacular o xogado esta mañá polo equipo infantil do Arranxar no que foi a primeira toma de contacto co novo campo das Eiroás. Álex e Ángel moi seguros na portería, defensa inconmensurable, especialmente Manu, centro do campo inmenso e perigo constante arriba, con Juan, Yony, Iago e un inspirado e rapidísimo Rubén do equipo alevín. Adiantaríase o Santa Teresita no marcador no minuto 11, ao transformar un penalti por man dentro da área. Pero o Arranxar seguiu buscando o gol con constantes chegadas perigosas. No 15, Juan vaise do defensa e supera ao porteiro local, levando as táboas ao marcador. O Arranxar controlaba o partido, mentres o Santa Teresita intentaba crear perigo con algunha contra. Precisamente nun contragolpe culminado por Yony adiantaríase o Arranxar. Un erro da zaga local é aproveitado por Juan para levar o 1:3 ao marcador. Seguía a crear perigo o Arranxar, xogando con intensidade e rapidez. Claras oportunidades perto do descanso. Na última xogada desta primeira metade, Rubén engancha un gran tiro desde fóra da área e marca o cuarto tanto. Na segunda metade, máis do mesmo. Non baixou o ritmo o Arranxar, e así chegaron outros catro tantos que culminaron un dos mellores encontros deste equipo en moito tempo, e que o mete de cheo na loita pola segunda posición que dá o pase para a seguinte fase da Copa Deputación. Aínda queda moito por xogar, e non debemos confiarnos. Parabéns polo partido de hoxe, e a seguir traballando así!
ResponderEliminarGoles
Primeira parte:
1:0 (minuto 11)
1:1 (minuto 15) Juan
1:2 (minuto 27) Yony
1:3 (minuto 34) Juan
1:4 (minuto 40) Rubén
Segunda parte:
1:5 (minuto 5) Juan
1:6 (minuto 7) Rubén
1:7 (minuto 15) Osama
1:8 (minuto 32) Juan
o arranxar e bastante bo, para min o mellor xogador do partido foi o centrar manuel e o porteiro angel.
ResponderEliminarHaber se esta claro,o mellor é o delanteiro leon ,e o arranxar ten que ascender a galegaa,e o gol do rufooo foy un uñote tremendo que ainda queisase a pelotaa jaja,PD:Soy Juann ,hoy a entrenar e.e jaja
ResponderEliminarVaia uñote de ruben que pinchou a pelota ca uña e rompeu a bota!!!!
ResponderEliminarO mellor do partido foi Juan e por certo, Juan, dille a tua nai que quero que sexa a miña sogra guapoo