Comeza esta fin de semana unha nova edición da Copa Deputación na segunda categoría alevín. Xogarase unha fase previa con dous grupos. No Grupo A estarán os 14 primeiros da recén rematada Liga (os 7 primeiros de cada grupo). No Grupo B estarán os 13 equipos restantes. Sistema liga a unha soa volta. Clasificaranse para os cuartos de final os seis primeiros do grupo A e os dous primeiros do grupo B.
O Arranxar xogará no Grupo B. Os seus rivais serán os seguintes: Arrabaldo B, Monforte, Nogueira Ramuín, Ourense B, Ribeiro B, Arenteiro B, A Peroxa, Maristas, Pavillón C, A Purísima, Velle B e Maristas B. Na primeira xornada o Arranxar visitará o campo do Arenteiro B.
Copa Deputación 2012/13 Alevín
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.