sábado, 23 de febrero de 2013

Arranxar Alevín 6ª Xornada Copa

Arranxar 0:7 Nogueira Ramuín

1 comentario:

  1. Derrota do equipo alevín esta mañá en Oira. Excesivo castigo para uns rapaces que o deron todo sobre o terreo de xogo pero que non contaron coa suficiente fortuna de cara ao gol, fronte a un Nogueira que sentenciou nos derradeiros minutos de cada tempo. Comezou o partido con dominio local. Xogaba o Arranxar con intensidade e creaba algunha clara ocasión de gol, nas botas de Salva, Osama e Manuel. Primeiro acercamento perigoso dos visitantes no minuto 8, pero o balón saíu fóra. A partir de entón, maior igualdade e perigo por ambos bandos. No minuto 13, boa contra levada por Rubén, que finaliza en córner. Un roubo de balón no minuto 17 culmina co 0:1. Tres minutos despois, a piques está Osama de empatar o partido, pero o seu lanzamento de falta sae fóra por moi pouco. Outro roubo perigoso remata co 0:2 no marcador. Un minuto despois, o terceiro. Non se rendiu o Arranxar, e saíu na segunda parte co obxectivo de remontar o partido. De novo, mellor que os visitantes, pero o dominio era infructuoso. Intentárono os rapaces de todas as maneiras, pero o balón non quería entrar. Na primeira chegada perigosa do Nogueira na segunda metade, o 0:4, xa no minuto 19. Tres goles máis deixaban un marcador final tan avultado como enganoso, e que non fai xustiza ao traballo dos rapaces do Arranxar esta mañá sobre o campo de Oira.

    Goles

    Primeira parte:
    0:1 (minuto 17)
    0:2 (minuto 22)
    0:3 (minuto 23)

    Segunda parte:
    0:4 (minuto 19)
    0:5 (minuto 21) (penalti)
    0:6 (minuto 22)
    0:7 (minuto 25)

    ResponderEliminar

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.