Inoportuna derrota do equipo infantil esta mañá en Arrabaldo que o leva a perder momentaneamente a segunda posición do grupo, a falta todavía de toda a segunda volta. Á determinante ausencia do goleador Juan uniuse a mala fortuna nalgúns lanzamentos lonxanos que saíron rozando o longueiro. Adiantouse o Arrabaldo no seu primeiro acercamento, ao aproveitar o rexeite trala saída dun córner. Acercamentos perigosos do Arranxar, pero fallou a definición. No minuto 12, un loitador Iago non chega a rematar unha falta lanzada por Rubén. O propio Rubén foi o protagonista de varios lanzamentos moi perigosos, pero hoxe o balón non quería entrar. No minuto 28, claro penalti a prol do Arranxar tras unhas mans dentro da área. Rubén transformao maxistralmente e leva o 1:1 ao marcador. Cinco minutos despois, a piques de adiantarse o Arranxar. Iago encara ao porteiro pero este despexa ben o balón. Na segunda metade, igualdade e emoción. Calquera podía marcar. Unha contra clara con Iago encarando ao porteiro é cortada polo árbitro por fóra de xogo inexistente. Se o balón non quixo entrar na porta visitante en perigosos lanzamentos lonxanos, si o fixo na porta local tralo lanzamento dunha falta directa, despois de petar no longueiro. Imparable. Adiantábase o Arrabaldo. Viñeron entón os mellores minutos do equipo hoxe visitante. Excesiva inocencia local na área do Arrabaldo. No último minuto, o definitivo 1:3 no lanzamento dun penalti. Pequeno contratempo para o Arranxar, pero aínda queda moita Copa por diante, e xogando como nas Eiroás, o equipo pode chegar moi lonxe.
Goles Primeira parte: 0:1 (minuto 3) 1:1 (minuto 28) Rubén

ResponderEliminarGoles
Primeira parte:
0:1 (minuto 3)
1:1 (minuto 28) Rubén
Segunda parte:
1:2 (minuto 20)
1:3 (minuto 40)