Comezamos a segunda volta como rematamos a primeira, con derrota na casa e encaixando 6 goles. Non obstante, hai que aclarar que foron partidos disputados contra rivais da “outra liga”, o Maristas B e o Bosco. A nosa liga empeza a semana que vén, cun partido vital en Celanova. O partido comezou con dominio e chegadas constantes do Bosco pero culminadas sen moita precisión. O Arranxar apenas se acercaba á meta visitante, pero nun deses achegamentos chegaría o 1:0. Lección de efectividade dos locais. Seguiron os acercamentos con perigo do Bosco, e seguía a falta de puntería. O inevitable empate chegou a falta de dous minutos para o descanso, e como vén sendo habitual, os peores momentos do Arranxar. Na seguinte xogada, un paradón do porteiro local impediu o segundo gol do Bosco, que chegaría uns intres despois. Por fortuna, chegou o descanso, con 1:2 no marcador. A segunda metade iniciouse como a primeira, con acercamentos do Bosco e un Arranxar intentando sacudirse ese dominio e crear algunha ocasión para empatar o partido. Pero esta vez o Bosco non tardaría tanto tempo en marcar. Despois do terceiro, o cuarto e o quinto a continuación. Partido sentenciado e minutos de calma, cun Bosco relaxado e un Arranxar que dominaba o balón pero sen crear claras ocasións de gol. Nunha xogada desgraciada chegaría o sexto e definitivo tanto. Unha derrota até certo punto normal e que baixo ningún concepto debe provocar que cunda o desánimo. Sabemos o que valemos e xa o demostramos na primeira volta con esas tres vitorias consecutivas. En Celanova ha chegar a cuarta.
Comezamos a segunda volta como rematamos a primeira, con derrota na casa e encaixando 6 goles. Non obstante, hai que aclarar que foron partidos disputados contra rivais da “outra liga”, o Maristas B e o Bosco. A nosa liga empeza a semana que vén, cun partido vital en Celanova.
ResponderEliminarO partido comezou con dominio e chegadas constantes do Bosco pero culminadas sen moita precisión. O Arranxar apenas se acercaba á meta visitante, pero nun deses achegamentos chegaría o 1:0. Lección de efectividade dos locais. Seguiron os acercamentos con perigo do Bosco, e seguía a falta de puntería. O inevitable empate chegou a falta de dous minutos para o descanso, e como vén sendo habitual, os peores momentos do Arranxar. Na seguinte xogada, un paradón do porteiro local impediu o segundo gol do Bosco, que chegaría uns intres despois. Por fortuna, chegou o descanso, con 1:2 no marcador. A segunda metade iniciouse como a primeira, con acercamentos do Bosco e un Arranxar intentando sacudirse ese dominio e crear algunha ocasión para empatar o partido. Pero esta vez o Bosco non tardaría tanto tempo en marcar. Despois do terceiro, o cuarto e o quinto a continuación. Partido sentenciado e minutos de calma, cun Bosco relaxado e un Arranxar que dominaba o balón pero sen crear claras ocasións de gol. Nunha xogada desgraciada chegaría o sexto e definitivo tanto. Unha derrota até certo punto normal e que baixo ningún concepto debe provocar que cunda o desánimo. Sabemos o que valemos e xa o demostramos na primeira volta con esas tres vitorias consecutivas. En Celanova ha chegar a cuarta.