sábado, 22 de enero de 2011

Resultado Arranxar 13ª Xornada

Celanova 5:12 Arranxar

3 comentarios:

  1. vaia partidazo chavales. si señor eso é ganar . Moi ben.Destacar que hoxe todolos rapaces do arranxar ían concentrados e con ganas de ganar,e como quen quere pode,asi o fixeron.O Celanova xogou ben,colocados ,pero o arranxar hoxe era un equipo imparable ,e non descansou ata o final.Os nosos rapaces non deixaron de xogar con ganas ata o final,e eso notase,non hai máis que ver o resultado.Esto demostra que sodes bos e que podedes dar que falar,só hai que querer,e hoxe quixestes.Noraboa.

    ResponderEliminar
  2. manu, mi manu,hoxe cumpliches con creces o que che esiximos,pedimosche 5,marcaches 6,e sempre con ese soriso que te caracteriza rapaz,eres grande ,moi grande.
    Os nosos dianteiros e defensas,porque xogan en todalas posicions:rubi e brais ,souberon estar onde eran necesarios,moi ben rapaces.
    Luis é Antonio ,ises defensas hoxe defenderon a morte e cando eles non poideron alí estaba o noso porteiro,porteirazo,porque poidemos sair goleados ,pero el non o permitiu,como debe ser,rapaz.
    O noso Alex, hoxe anduvo fino non permitindo o celanova chegar a porteria,queria un gol que merecia ,pero eres grande rapaz ,nun equipo non só hai que marcar,pensa que sen axuda os demáis tampouco poden chegar,cumpliches con creces ,segue así rapaz.
    E hoxe non podo deixar ao pelirrojo do equipo,a ese que sempre critico,pero hoxe teño que calar,moi ben ,adri,fenomenal.
    SEGUIDE TODOS ASI,XUNTOS SE QUEREDES PODEDES GANAR.

    ResponderEliminar
  3. Hoxe era o día. Este era o partido. E os rapaces do Arranxar, unha vez máis, non nos defraudaron. Hoxe tocaba loitar, suar, correr e currar, deixar a pel sobre a terra de Celanova… e gañar. E así foi. Cuarta vitoria na liga. Tres puntos de ouro e a mirar cara arriba na clasificación.
    O partido comezou cunha clara oportunidade do Arranxar no primeiro minuto, respondida polo Celanova cun tiro perigoso que saíu a rentes do pau dereito. Eran minutos de tanteo, nos que todo estaba aberto e todo era posible. Até o minuto oito, no que chegou o primeiro gol do Arranxar. Albiscábase certa febleza defensiva por parte dos locais, que foi aproveitada polos visitantes nos minutos doce e catorce, co segundo e o terceiro tanto. O partido parecía encarrilado. Pero un minuto despois, o Celanova marcaba o seu primeiro gol. Proba de fogo para o Arranxar. Hoxe non se podían vir abaixo, e responderon cun importantísimo tanto dous minutos despois. O Celanova tampouco se veu abaixo, e un tiro perigoso desde fóra da área foi respondido cunha gran parada do porteiro visitante. Pouco despois, o quinto gol do Arranxar. Xusto antes do descanso, o segundo dos locais. Con 2:5 rematou a primeira metade. Na segunda, un Celanova moi motivado saíu ao ataque cunha grande intensidade que meteu ao Arranxar no seu propio campo. Clarísimas ocasións de gol para o equipo local, abortadas polo porteiro e a mala sorte. O que si chegou foi o sexto do Arranxar, mediada a segunda parte. Despois, un Celanova valente que o seguía intentando, e un Arranxar máis tranquilo que xogou a pracer, presionando, roubando perigosísimos balóns e chegando a porta con moita claridade. Os goles foron caendo até chegar a este claro marcador final que supón unha enorme inxección de moral para un equipo que, xa con 12 puntos, pode e debe permitirse buscar novas metas, mantendo sempre a humildade, o traballo e a ilusión como sinais de identidade.

    Mención especial para… o EQUIPO. Os 6 goles de Manu, os 3 de Rubén, os 2 de Adrián, o gol de Brais, as paradas espectaculares de Juan e o traballo imprescindible de Álex, Luis e Antonio. Sen todos e cada un deles, isto non tería sido posible.

    ResponderEliminar

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.