Dura derrota a desta mañá no campo do Santa Teresita. Se até agora tan só nunha ocasión encaixara o Arranxar sete goles (na primeira xornada, contra o Bosco), hoxe caeron o dobre, ou sexa, 14. Xornada 14. Xornada para esquecer.
Porque hoxe non foi o día do Arranxar, lentos na defensa e nada finos no ataque. O Santa Teresita, un dos favoritos para facerse co título de liga, saíu a controlar o xogo, cunha gran presión no centro do campo e dous xogadores adiantados, introducidos na defensa visitante, que provocaban perigo constantemente. A pesar de todo, e a pesar do que poida parecer polo resultado final, durante a primeira metade houbo bastante igualdade no marcador, e parecía que sería un partido emocionante. Tan só nos últimos intres da primeira parte o Santa Teresita conseguiu un resultado algo máis cómodo. O 6:3 no descanso deixaba as cousas abertas. Pero na segunda metade o Arranxar simplemente non existiu. Cada xogada do Santa Teresita era unha ocasión clara de gol. Desmarques, pases rápidos e numerosos man a man diante do porteiro visitante que, non obstante, salvou ao equipo de encaixar unha goleada maior con varias paradas de moito mérito. Nos poucos acercamentos do Arranxar á portería local as cousas non saían, porque hoxe nada saía, e o mellor que puido pasar é que o árbitro pitara o final. Un mal día teno calquera. Non hai que virse abaixo. Hai que pasar páxina e pensar no próximo partido no que, seguro, as cousas han saír mellor. Ánimo, rapaces!
O noso agradecemento a Loly polas fotos do partido.
ResponderEliminarDura derrota a desta mañá no campo do Santa Teresita. Se até agora tan só nunha ocasión encaixara o Arranxar sete goles (na primeira xornada, contra o Bosco), hoxe caeron o dobre, ou sexa, 14. Xornada 14. Xornada para esquecer.
ResponderEliminarPorque hoxe non foi o día do Arranxar, lentos na defensa e nada finos no ataque. O Santa Teresita, un dos favoritos para facerse co título de liga, saíu a controlar o xogo, cunha gran presión no centro do campo e dous xogadores adiantados, introducidos na defensa visitante, que provocaban perigo constantemente. A pesar de todo, e a pesar do que poida parecer polo resultado final, durante a primeira metade houbo bastante igualdade no marcador, e parecía que sería un partido emocionante. Tan só nos últimos intres da primeira parte o Santa Teresita conseguiu un resultado algo máis cómodo. O 6:3 no descanso deixaba as cousas abertas. Pero na segunda metade o Arranxar simplemente non existiu. Cada xogada do Santa Teresita era unha ocasión clara de gol. Desmarques, pases rápidos e numerosos man a man diante do porteiro visitante que, non obstante, salvou ao equipo de encaixar unha goleada maior con varias paradas de moito mérito. Nos poucos acercamentos do Arranxar á portería local as cousas non saían, porque hoxe nada saía, e o mellor que puido pasar é que o árbitro pitara o final. Un mal día teno calquera. Non hai que virse abaixo. Hai que pasar páxina e pensar no próximo partido no que, seguro, as cousas han saír mellor. Ánimo, rapaces!