domingo, 17 de abril de 2011

Resultado Arranxar 1ª Xornada Copa

Arranxar 1:5 Maristas B

26 comentarios:

  1. Mal pintaban as cousas esta mañá en Oira. Fronte a un dos mellores equipos da pasada liga e un dos favoritos nesta Copa, o Arranxar presentouse coas baixas de Álex, Rubén, Iago e Manu. Tan só sete xogadores, coa presenza de Yasir e Osama. Por se fóra pouco, Antonio xogou todo o partido lesionado (tivo que ser atendido no descanso por problemas no seu nocello dereito). Aínda así, o equipo deixou moi boas sensacións, sobre todo na segunda metade. Os rapaces correron, loitaron, dérono todo, e ante iso só cabe sentirse orgulloso. O resultado final foi o de menos.

    A primeria parte foi un asedio constante do Maristas sobre a portería do Arranxar. Por sorte, aí estaba Juan, que hoxe volveu salvar ao equipo en multitude de ocasións. No primeiro minuto, metendo a man; pouco despois, despexando o balón. Nada puido facer no minuto dous. Co 0:1 continuou o cerco visitante. No minuto 4, primeiro tiro a porta do Arranxar, un lanzamento lonxano de Adrián que detén o porteiro. Pero resultou un espellismo. Seguía dominando o Maristas, e o balón non saía do campo local. Tanto Luis no centro da defensa como Antonio pola esquerda e Osama pola dereita intentaban impedir os acercamentos dos visitantes. Adiante, Yasir pola dereita, Adrián pola esquerda e Ángel como dianteiro centro esperaban a súa oportunidade para saír á contra, axudando o que podían na defensa. Juan volve salvar ao Arranxar con sendas paradas nos minutos 5 e 7. No minuto 9 chega o segundo tanto a prol do Maristas. No minuto 12, segundo tiro a porta do Arranxar, de novo Adrián, e de novo detén o porteiro. Con Yasir axudando máis na defensa, quedaban adiante Adrián e Ángel, pero as combinacións que intentaban non saían e os poucos ataques non contaban coa velocidade precisa. No minuto 17, balón ao pau nun novo acercamento do Maristas. Tocaba resistir, e resistimos. Até o minuto 25, en que chegou o 0:3 co que fomos ao descanso.

    Comezaba a segunda metade sen moitos cambios. Na banda dereita na que hoxe non estaba Manu, Osama comezaba máis adiantado e Yasir atrás. Aos dous minutos, novo paradón de Juan, pero o rexeite caeulle a un xogador do Maristas que, só dentro da área, estableceu o 0:4. Seguía o dominio visitante, e seguían os defensas do Arranxar deixando a pel sobre o campo. No minuto 8, preciosa parede de Adrián con Ángel, este devolve a Adrián e o seu lanzamento sae a rentes do pau dereito. Isto despertou aos locais, que comezaron a saír ao ataque cada vez máis e con máis perigo. Córner a favor do Arranxar no minuto 13, que se saca sen consecuencias. Un minuto despois, de novo Ángel combina con Adrián quen, só no borde da área, lanza fóra por moi pouco. O Arranxar merecía o gol. Seguía atacando o Maristas, pero as contras dos locais eran moi perigosas. E así, no minuto 19, pase de Ángel a Adrián e este non perdoa. Chegaba o 1:4 ao marcador. Pero non se conformaban os rapaces do Arranxar. Un minuto despois, Luis lanza unha falta e detén o porteiro visitante. Buscaban os locais o segundo tanto, pero o que chegou foi o quinto do Maristas. Xogada desafortunada, centro pola banda dereita, o balón pega no pau e entra na portería de Juan. Era o minuto 23. Xusto antes do final, de novo Juan evita o gol e deixa o marcador no definitivo 1:5 que obriga ao Arranxar a gañar o próximo partido para seguir con opcións nesta Copa que só acaba de comezar. Con este espírito de loita e sen as baixas de hoxe, todo é posible. Ánimo, rapaces!

    ResponderEliminar
  2. Non me foi posible publicar a mensaxe anterior co meu nome. Supoño que haberá algún tipo de problema con blogspot, que espero que se solucione canto antes. Se queredes publicar algo e non podedes, mandádeme o voso comentario por correo electrónico e publícoo no voso nome.

    ResponderEliminar
  3. Agradecer novamente a Loly as fotos do partido. Por certo, en dúas delas podedes ver cómo se prepara a canteira do Arranxar.

    ResponderEliminar
  4. Felicidades rapaces!
    Tiñádelo todo en contra: un gran rival, moitas baixas importantes e ningún cambio, e aínda así non destes o partido por perdido, LOITASTES ata o final, podedes estar orgullosos.
    Felicidades ós 7.

    ResponderEliminar
  5. Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.

    ResponderEliminar
  6. Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.

    ResponderEliminar
  7. Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.

    ResponderEliminar
  8. Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.

    ResponderEliminar
  9. Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.

    ResponderEliminar
  10. Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.

    ResponderEliminar
  11. Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.

    ResponderEliminar
  12. Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.

    ResponderEliminar
  13. Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.

    ResponderEliminar
  14. Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.

    ResponderEliminar
  15. Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.

    ResponderEliminar
  16. Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.

    ResponderEliminar
  17. PERDONNN O SINTO

    ResponderEliminar
  18. Podedes opinar sobre o que queirades, pero sempre cun mínimo de respecto.

    ResponderEliminar
  19. hello dis is a pencil and robothelp,yerterday pis ,SORI,SORI,SORI

    ResponderEliminar
  20. Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.

    ResponderEliminar
  21. BBBBBBBBBBBAAAAAAAAAAAAAAAAAARRRRRRRRRRRRSSSSSSSSSSAAAAAAAAA BARSAAAA

    ResponderEliminar
  22. Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.

    ResponderEliminar
  23. we des casre tuge fet.Dis arranxar vesar bhutre has a boock yuo ber rade nuyi bre sea brea mou hynu buyo ger se as resa care sear buteas veas juo breas deas desa you reas kres huoy koes no nuis cesa cefe bup fre se breas resa vu fre besa mo fe you ti tre des redsa moi yuersa moi buyersa bit bit cre de seda bui bouresa veas yuipo buyo ture we fer,desa buyersa biupog guio dresa ves resa de ew fresa tuo yui pole jui se daes gupo ve desa freo pol buio toll pol plo we fer fet huiop bij jui popolo no bui bi yes he bresaop bropoku bi chur.fet fet bae ve sasaretu bui poliyu yuipo freyuipo bui be trase ders yui op reas.

    ResponderEliminar
  24. we re fre heroap polad boij berok boj nuo bertefresa druiy rata yuyusin fre no poliu bre re as re kikin hupo yu fre fopas tre desa resas der tre fresauy gre we rewas bu op yuo fre saer wer tupoli bret fre ders resa ders reas der tre saed resa de pol ji yupo uy re das re ter de 54 ryu tre de ras der yupolu re sa esr cesarupoli cedas de redsa fre sea wd rewas dersa desar trewas fre das der yupolika ser yupolikupo gresa wewre fre yuo hupoyu dersa fre sea under 123 hu op resacufe guye rersa yuotresa fresa xas sexa polw kuiy kikutreaw no poyre,m m m der cas redas dersade cedsa de fresa dresa tuye resa de rupolf fow lowj fre tresa drefupoluki bu pol -bui zae wez gert pollu tresa xes xasx bui pol we we cer sa yuop ku pol bresa cesa no tre sa ceds fwe fre sader buipol bupol yupolw wrec wertu.

    ResponderEliminar
  25. wer dre se fresa tu poli yu fredsa ko poli yu tresa fresolipuw re dersa ko puk lo 47474550098 ret 56432190098 gut yuo polij huresa fresa der freyok momopil mopluyresa fresa 45678902132332 go poli 567889000021 buy byutresa gu 099987765543321.

    ResponderEliminar
  26. Cómo se aburre a xente...

    ResponderEliminar

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.