sábado, 30 de abril de 2011

Resultado Arranxar 2ª Xornada Copa

Ponte Ourense C 4:1 Arranxar

2 comentarios:

  1. Segunda xornada desta Copa Deputación no seu grupo D da segunda categoría alevín. Enfrontábanse esta mañá o Ponte Ourense C e o Arranxar en Oira. Partido clave para o devir de ámbolos equipos na competición, pois ambos viñan de perder na primeira xornada. Debido precisamente á transcendencia do partido, o Arranxar presentouse con toda a súa artillería, nada máis e nada menos que 12 xogadores dispostos a dalo todo e a levar ao equipo á súa primeira vitoria. Finalmente non puido ser.

    Os primeiros minutos do partido estiveron marcados pola igualdade, a falta de precisión e a ausencia de claras ocasións. As defensas eran mellores que os ataques e apenas se chegaba á porta rival con perigo. Até o minuto 9. Antonio saca de banda cara Adrián, este toca de primeiras cara Rubén quen, practicamente desde medio campo, lanza un mísil imparable que entra polo pau esquerdo da portería local. Pouco durou a alegría nas filas do Arranxar. Tan só un minuto despois os visitantes non conseguen despexar o balón da área e a xogada termina en penalti a prol do Ponte, que é transformado poñendo o 1:1 no marcador. Nos minutos seguintes, o Ponte conseguiu elaborar mellor as xogadas, con paredes e xogo polas bandas, aínda que sen chegar a culminalas. Pola súa parte, o Arranxar intentaba crear perigo con contras rápidas, pero os defensas pontinos resultaban máis rápidos que os nosos dianteiros. As cousas non saían como debían, pero o resultado seguía sendo de empate. Até que a falta de dous minutos para a fin da primeira parte, un rexeite deixa o balón no borde da área do Arranxar e o Ponte non perdoa. Chega o descanso con 2:1 no marcador e con todo por decidir.

    Nos primeiros minutos da segunda metade intentouno o Ponte con lanzamentos lonxanos que saían desviados. Intentouno tamén Manu, que hoxe non tivo o seu día debido ás boas axudas defensivas dos locais. No minuto 5, contragolpe do Ponte que remata co 3:1 no marcador. O Arranxar resentiuse moito con este gol, e chegaron entón os peores minutos. Un equipo moi estático, con perdas constantes de balón, fronte a un Ponte que presionaba ben, que roubaba balóns e que saía con moita rapidez ao ataque, con toques de calidade pero con falta de precisión nos tiros a porta. No minuto 12, a xogada que puido cambiar o signo do partido. Clarísima oportunidade de Rubén, que encara ao porteiro, pero o seu lanzamento non é bo e acaba atrapando o gardameta local. Podería ter sido o 3:2 con moitos minutos por diante para a remontada. Esta ocasión despertou ao Arranxar, que comezou a loitar e a correr con máis ganas. Manu seguíao intentando, pero non conseguía marcharse dos dous ou incluso tres defensas que saían ao seu paso. A falta de cinco minutos para o final do partido, córner sacado polo Arranxar e o balón acaba paseándose pola liña de gol sen que ninguén conseguise rematar. Definitivamente hoxe non era o noso día. No 21, Juan e a defensa evitan o cuarto tanto local. Non foi posible un minuto despois. Con 4:1 rematou o encontro que deixa as cousas moi difíciles para o Arranxar, pero con nove puntos en xogo nada está decidido. Así que ánimo, rapaces! A pensar xa no vindeiro partido!

    ResponderEliminar
  2. Publicadas as fotos que nos pasou Loly. Moitas grazas de novo!

    ResponderEliminar

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.