Cuarto partido e cuarta derrota do Arranxar nesta Copa 2011 que está a piques de rematar. Esta tarde visitou Oira o Celanova, que tomou cumprida revancha do partido da segunda volta da pasada liga. A vindeira fin de semana tócalle ao Arranxar no campo do Santa Teresita.
Os primeiros 15 minutos foron por completo dos visitantes. Toque de balón, xogo ás bandas, desmarques e moitísimo perigo. Parecía que chegaba o primeiro tanto no minuto 3, pero o balón finalmente acabou no pau da portería de Juan. Non houbo tanta sorte un minuto despois. Co 0:1 no marcador seguía o Celanova controlando o partido e a posesión de balón. Apenas conservaba o esférico o Arranxar un par de segundos. O único acercamento con perigo dos locais chegaba no minuto 6, cunha xogada individual de Manu, pero o seu lanzamento sae fóra por pouco. No minuto 10, xogada do Celanova pola banda esquerda e o tiro a pracer dentro da área leva o 0:2 ao marcador. Continuaba o dominio visitante, até que chega o minuto 18. Falta lonxana a prol do Arranxar, desas que tanto lle gustan a Rubén. Coloca o balón, mira a portería e marca un golazo por toda a escuadra, imparable para o porteiro do Celanova, que queda inmóbil ante semellante disparo. O 1:2 despertou aos rapaces do Arranxar e o empate, que parecía imposible uns minutos antes, estaba cada vez máis perto. Presión, roubos de balón, maior control do xogo e tres oportunidades clarísimas. Lanzamento lonxano de Rubén e paradón do porteiro visitante que envía a córner. Xogada individual de Manu e o seu tiro é despexado primeiro polo porteiro e despois pola defensa do Celanova. Xusto antes do descanso, de novo Rubén remata esta vez de cabeza á saída dun córner, pero o balón sae fóra por pouco. Chegábase ao descanso con vitoria mínima dos visitantes pero con dominio local.
Charla táctica do adestrador do Arranxar no descanso que dá os seus froitos no comezo da segunda metade. No primeiro minuto, xogada individual de Javi pola banda esquerda que establece o 2:2 no marcador. Continuaba o dominio do Arranxar, con forza, loita, presión e as liñas máis adiantadas. Claro que os achegamentos do Celanova tamén eran moi perigosos. No minuto 3, un centro dos visitantes é rematado fóra por pouco. Responde Javi, pero o seu lanzamento é despexado a córner polo gardameta visitante. Se o minuto 18 da primeira parte supuxo un punto de inflexión no partido, outro tanto pasaría no 5 da segunda. Falta rigorosa a prol do Celanova no borde da área local. Falta perigosísima que non é desperdiciada polo lanzador visitante, que fusila a Juan. Co 2:3 no marcador o Arranxar veuse abaixo. Dous minutos despois, o cuarto nunha contra. Noutra contra chegaría o quinto no minuto 10. Os únicos acercamentos do Arranxar eran as xogadas individuais de Javi, pero é moi difícil crear perigo pretendendo regatear a todo o equipo rival. No minuto 15, o 2:6, cun gran lanzamento desde o borde da área. Un minuto despois, o sétimo nunha xogada individual. O mellor do Arranxar era Iago, que seguía correndo e loitando cada balón. Nun centro seu no minuto 17 a piques chega o gol, pero os remates non son precisos. Na seguinte xogada Rubén lanza fóra por pouco. Un erro do porteiro visitante non é aproveitado no minuto 19. Un minuto despois, xogada desgraciada, centro dun xogador do Celanova que é rematado en propia porta poñendo o 2:8. Intentouno o Arranxar con algún tiro lonxano, pero xa non se movería o marcador. Remata a temporada en Oira e agora toca pensar no Santa Teresita e na primeira visita ao campo de Vilar das Tres.
Cuarto partido e cuarta derrota do Arranxar nesta Copa 2011 que está a piques de rematar. Esta tarde visitou Oira o Celanova, que tomou cumprida revancha do partido da segunda volta da pasada liga. A vindeira fin de semana tócalle ao Arranxar no campo do Santa Teresita.
ResponderEliminarOs primeiros 15 minutos foron por completo dos visitantes. Toque de balón, xogo ás bandas, desmarques e moitísimo perigo. Parecía que chegaba o primeiro tanto no minuto 3, pero o balón finalmente acabou no pau da portería de Juan. Non houbo tanta sorte un minuto despois. Co 0:1 no marcador seguía o Celanova controlando o partido e a posesión de balón. Apenas conservaba o esférico o Arranxar un par de segundos. O único acercamento con perigo dos locais chegaba no minuto 6, cunha xogada individual de Manu, pero o seu lanzamento sae fóra por pouco. No minuto 10, xogada do Celanova pola banda esquerda e o tiro a pracer dentro da área leva o 0:2 ao marcador. Continuaba o dominio visitante, até que chega o minuto 18. Falta lonxana a prol do Arranxar, desas que tanto lle gustan a Rubén. Coloca o balón, mira a portería e marca un golazo por toda a escuadra, imparable para o porteiro do Celanova, que queda inmóbil ante semellante disparo. O 1:2 despertou aos rapaces do Arranxar e o empate, que parecía imposible uns minutos antes, estaba cada vez máis perto. Presión, roubos de balón, maior control do xogo e tres oportunidades clarísimas. Lanzamento lonxano de Rubén e paradón do porteiro visitante que envía a córner. Xogada individual de Manu e o seu tiro é despexado primeiro polo porteiro e despois pola defensa do Celanova. Xusto antes do descanso, de novo Rubén remata esta vez de cabeza á saída dun córner, pero o balón sae fóra por pouco. Chegábase ao descanso con vitoria mínima dos visitantes pero con dominio local.
Charla táctica do adestrador do Arranxar no descanso que dá os seus froitos no comezo da segunda metade. No primeiro minuto, xogada individual de Javi pola banda esquerda que establece o 2:2 no marcador. Continuaba o dominio do Arranxar, con forza, loita, presión e as liñas máis adiantadas. Claro que os achegamentos do Celanova tamén eran moi perigosos. No minuto 3, un centro dos visitantes é rematado fóra por pouco. Responde Javi, pero o seu lanzamento é despexado a córner polo gardameta visitante. Se o minuto 18 da primeira parte supuxo un punto de inflexión no partido, outro tanto pasaría no 5 da segunda. Falta rigorosa a prol do Celanova no borde da área local. Falta perigosísima que non é desperdiciada polo lanzador visitante, que fusila a Juan. Co 2:3 no marcador o Arranxar veuse abaixo. Dous minutos despois, o cuarto nunha contra. Noutra contra chegaría o quinto no minuto 10. Os únicos acercamentos do Arranxar eran as xogadas individuais de Javi, pero é moi difícil crear perigo pretendendo regatear a todo o equipo rival. No minuto 15, o 2:6, cun gran lanzamento desde o borde da área. Un minuto despois, o sétimo nunha xogada individual. O mellor do Arranxar era Iago, que seguía correndo e loitando cada balón. Nun centro seu no minuto 17 a piques chega o gol, pero os remates non son precisos. Na seguinte xogada Rubén lanza fóra por pouco. Un erro do porteiro visitante non é aproveitado no minuto 19. Un minuto despois, xogada desgraciada, centro dun xogador do Celanova que é rematado en propia porta poñendo o 2:8. Intentouno o Arranxar con algún tiro lonxano, pero xa non se movería o marcador. Remata a temporada en Oira e agora toca pensar no Santa Teresita e na primeira visita ao campo de Vilar das Tres.
Xa están publicadas as fotos que nos pasou Loly. Moitas grazas!
ResponderEliminar