Rematou esta tarde a andaina do Arranxar pola Copa Deputación cun partido moi igualado disputado en Vilar das Tres fronte ao Santa Teresita. Nada que ver con aquel encontro de liga alá polo mes de xaneiro. Hoxe o Arranxar estivo sempre dentro do partido e non tirou nunca a toalla. Simplemente non houbo sorte de cara ao gol.
Non houbo moitas ocasións de perigo nin un dominio claro por parte de ningún equipo. Algunha xogada esporádica, como a que remata no pau de Juan no primeiro minuto. No 6, Manu recibe un balón, vaise do defensa pero o seu lanzamento é moi ben despexado polo porteiro local. No 9, gran tiro no ataque do Santa Teresita e mellor intervención de Juan, metendo a man e mandando a córner. O Arranxar buscaba os balóns longos e as xogadas individuais, mentres os locais xogaban máis pola banda dereita. Os mellores minutos do Santa Teresita foron mediada a primeira metade, cando conseguiron meter aos rapaces do Arranxar no seu propio campo, pero a defensa respondeu ben. No minuto 17, chegada do Arranxar, lanzamento de Rubén coa perna esquerda que sae fóra por moi pouco. Foi un partido sen moitas ocasións de gol, de moita loita e moi trabado, baixo un sol de xustiza e sobre o po que se levantaba de entre a terra seca. Por iso hoxe máis que nunca a calidade e a fortuna da cara a porta nos poucos lanzamentos podía supoñer os tres puntos. E así foi. Excelente tiro lonxano no minuto 19, imposible de deter. Chegaba o 1:0. Dúas ocasións máis, un minuto despois para o Santa Teresita e pouco antes do descanso para o Arranxar (de novo Manu, e de novo o porteiro local). Final da primeira metade, con moita igualdade e todo por decidir.
Co recordo daquela aciaga segunda parte nas Eiroás, púxose o balón en xogo. Como dixemos, nada que ver. Continuaba o Arranxar buscando a velocidade de Manu pola banda esquerda, pero os balóns saían excesivamente longos. Chegou o 2:0 no minuto 7, nunha xogada polémica na que o Arranxar pediu falta en ataque. A árbitro sinalou o centro do campo. Nesta segunda metade foron numerosos os erros dos visitantes na defensa, o que provocou algunha ocasión clara do Santa Teresita. Pero o partido era moi confuso. O Arranxar mellorou moito adiantando a Rubén e poñéndoo no ataque xunto a Manu. No minuto 12, Rubén entra na área local pero non se decide a disparar. Chuta no 14, desde moita distancia, e o porteiro envía a córner. Boa xogada do Arranxar no minuto 18, pero o lanzamento de Iago é detido polo porteiro local. Un bo partido do porteiro do Santa Teresita, que detén outro balón de Manu un minuto despois. Responderon os locais con outra boa xogada no 22, pero o tiro é respondido cun paradón de Juan que envía a córner. Foron poucas as xogadas elaboradas de ámbolos equipos, pero case todas viñeron ao final. De novo o Arranxar, combinación entre Manu e Iago que culmina Adrián cun tiro perigosísimo que non entra por iso que comentabamos antes, porque ás veces a sorte non acompaña e non hai nada que facer. Xusto despois dese lanzamento rematou o partido. Derrota do Arranxar que quizais mereceu máis, e fin de festa tamén para o Santa Teresita, con baño do adestrador incluído. Porque ao final isto non é máis ca unha festa, un divertimento, un xogo. Porque o que conta son os bos momentos, e nesta temporada vivimos moitos. E o que virá, xa se verá. Grazas por todo, Arranxar!
Rematou esta tarde a andaina do Arranxar pola Copa Deputación cun partido moi igualado disputado en Vilar das Tres fronte ao Santa Teresita. Nada que ver con aquel encontro de liga alá polo mes de xaneiro. Hoxe o Arranxar estivo sempre dentro do partido e non tirou nunca a toalla. Simplemente non houbo sorte de cara ao gol.
ResponderEliminarNon houbo moitas ocasións de perigo nin un dominio claro por parte de ningún equipo. Algunha xogada esporádica, como a que remata no pau de Juan no primeiro minuto. No 6, Manu recibe un balón, vaise do defensa pero o seu lanzamento é moi ben despexado polo porteiro local. No 9, gran tiro no ataque do Santa Teresita e mellor intervención de Juan, metendo a man e mandando a córner. O Arranxar buscaba os balóns longos e as xogadas individuais, mentres os locais xogaban máis pola banda dereita. Os mellores minutos do Santa Teresita foron mediada a primeira metade, cando conseguiron meter aos rapaces do Arranxar no seu propio campo, pero a defensa respondeu ben. No minuto 17, chegada do Arranxar, lanzamento de Rubén coa perna esquerda que sae fóra por moi pouco. Foi un partido sen moitas ocasións de gol, de moita loita e moi trabado, baixo un sol de xustiza e sobre o po que se levantaba de entre a terra seca. Por iso hoxe máis que nunca a calidade e a fortuna da cara a porta nos poucos lanzamentos podía supoñer os tres puntos. E así foi. Excelente tiro lonxano no minuto 19, imposible de deter. Chegaba o 1:0. Dúas ocasións máis, un minuto despois para o Santa Teresita e pouco antes do descanso para o Arranxar (de novo Manu, e de novo o porteiro local). Final da primeira metade, con moita igualdade e todo por decidir.
Co recordo daquela aciaga segunda parte nas Eiroás, púxose o balón en xogo. Como dixemos, nada que ver. Continuaba o Arranxar buscando a velocidade de Manu pola banda esquerda, pero os balóns saían excesivamente longos. Chegou o 2:0 no minuto 7, nunha xogada polémica na que o Arranxar pediu falta en ataque. A árbitro sinalou o centro do campo. Nesta segunda metade foron numerosos os erros dos visitantes na defensa, o que provocou algunha ocasión clara do Santa Teresita. Pero o partido era moi confuso. O Arranxar mellorou moito adiantando a Rubén e poñéndoo no ataque xunto a Manu. No minuto 12, Rubén entra na área local pero non se decide a disparar. Chuta no 14, desde moita distancia, e o porteiro envía a córner. Boa xogada do Arranxar no minuto 18, pero o lanzamento de Iago é detido polo porteiro local. Un bo partido do porteiro do Santa Teresita, que detén outro balón de Manu un minuto despois. Responderon os locais con outra boa xogada no 22, pero o tiro é respondido cun paradón de Juan que envía a córner. Foron poucas as xogadas elaboradas de ámbolos equipos, pero case todas viñeron ao final. De novo o Arranxar, combinación entre Manu e Iago que culmina Adrián cun tiro perigosísimo que non entra por iso que comentabamos antes, porque ás veces a sorte non acompaña e non hai nada que facer. Xusto despois dese lanzamento rematou o partido. Derrota do Arranxar que quizais mereceu máis, e fin de festa tamén para o Santa Teresita, con baño do adestrador incluído. Porque ao final isto non é máis ca unha festa, un divertimento, un xogo. Porque o que conta son os bos momentos, e nesta temporada vivimos moitos. E o que virá, xa se verá. Grazas por todo, Arranxar!
Xa están publicadas as fotos que nos pasou Loly. Moitas grazas!
ResponderEliminar