Hoxe comeza a 3ª edición do Trofeo Barrios Deportivo, o
torneo dos campións das ligas de Ourense de fútbol sala. Disputarase desde este
martes 26 até o vindeiro sábado 30 de xuño no Pavillón dos Remedios. Participan
un total de seis equipos, entre os que se atopa o Arranxar, campión da Liga de
Ourense. Xogarase unha primeira fase de grupos (dous grupos de tres equipos), e
o campión de cada grupo pasará á final que se celebrará o sábado 30 de xuño ás
19:00. No Grupo A quedaron encadrados o Arranxar, o Ambulancias Ribadavia (Liga
de Celanova) e o En Xogo (actuais campións do torneo). No Grupo B, o Dacón (Liga
de Carballiño), o Taboadela (campión da Liga Provincial) e o Mc Donald´s
(subcampión da Copa Deputación). O Arranxar comeza o torneo esta tarde fronte o
Ambulancias Ribadavia, ás 20:30.
Resultados
Arranxar 5:4 Ambulancias Ribadavia
Arranxar - En Xogo
Resultados
Arranxar 5:4 Ambulancias Ribadavia
Arranxar - En Xogo
Gañamos onte 5-4 voltamos a xogar o venres as 20:30....o malo son as baixas que temos faraise o que se poda
ResponderEliminarMoita sorte esta tarde!
ResponderEliminar