Emocionante e histórico encontro o disputado esta tarde no pavillón de Outomuro correspondente ás semifinais da Copa Deputación de fútbol sala na súa categoría sénior, entre o campión da liga ourensá, o Arranxar, e o Taboadela. Tan só o infortunio dos penaltis impediu ao Arranxar disputar a final de mañá. Unha parte para cada equipo. Na primeira metade, dominio do equipo capitaneado por Yony. Control do balón, chegadas perigosas e oportunidades clarísimas, das que só se puido concretar unha. Nunha das poucas chegadas do Taboadela, o empate. Seguiuno intentando o Arranxar, pero o pau e a mala fortuna evitaron chegar ao descanso cun claro marcador a favor. Na segunda metade, maior control do Taboadela, que se concretaría no 2:1. Tería o Arranxar algunha clara ocasión de gol, pero tivo que ser nos últimos intres do partido, arriscando con porteiro xogador, cando chegaría o xusto 2:2. Despois, os penaltis. Un único erro que nos deixa ás portas da final. Pero isto non empaña en absoluto unha excelente temporada dun equipo campión de Liga e semifinalista de Copa que seguro terá moito que dicir na vindeira campaña. Ánimo, e a seguir así!

ResponderEliminar