Inxusta derrota do Arranxar nunha invernal mañá alaricana fronte a un dos mellores equipos da categoría, e con tres momentos que determinaron o devir do encontro. O primeiro, antes de comezar o mesmo. Un puntilloso colexiado deixaba sen xogar a algúns xogadores clave do Arranxar. Baixas significativas que fixeron mella no ánimo dos rapaces nos primeiros minutos. Un tiro aparentemente sen perigo e un roubo de balón puñan o 2:0 a prol do Allariz cando só se levaban disputados 5 minutos. Comezaba a acercarse o Arranxar á porta local. Algún lanzamento de falta que atopaba a barreira, e algún tiro lonxano que non atopaba portería. Chegou por fin o minuto 13. Iago aproveita un rexeite dentro da área e leva o 2:1 ao marcador. Veñen entón os mellores momentos do Arranxar. Dous minutos despois, a piques de chegar o empate. Gran lanzamento do Osama, pero o balón peta no longueiro e remata finalmente en córner. Foi a mellor ocasión do encontro, pero o balón non quixo entrar. E cousas do fútbol, na saída do córner, roubo de balón, contragolpe e o 3:1. Non se viñeron abaixo os rapaces do Arranxar. Minuto 20. Falta a prol dos visitantes. Lanza Osama, rexeita o porteiro e Héctor, moi atento, marca o 3:2. Busca o empate o Arranxar. Un minuto despois, lanzamento de Javi pero o balón sae fóra por pouco. Con 3:2 chegaríase ao descanso. Na segunda metade, un perigoso Allariz atopouse cunha boa defensa visitante. Chega o 3:3 no minuto 4, obra de Osama. Partido intenso e igualado, no que calquera equipo podía levarse os tres puntos. A piques está Adrián de adiantar ao Arranxar no marcador no minuto 7. Dous minutos despois, Manuel lanza unha falta e o balón sae fóra por pouco. No 13, de novo Manuel no lanzamento dunha falta moi perigosa, pero o balón tropeza na barreira e sae a córner. Na seguinte xogada, a piques de adiantarse o Allariz. Calquera pode marcar. Faino Osama, no minuto 16, no lanzamento impecable dunha falta. Pero o árbitro non dá validez ao tanto, porque polo visto a falta era indirecta. Este foi un dos momentos determinantes do encontro, pois o Arranxar culminaba a remontada e a vitoria estaba máis perto. Pero non puido ser. Animouse o Allariz, e no 18 chegou o 4:3, que caeu como un xarro de auga fría, case tanto como a chuvia e o vento alaricano. Non obstante o marcador era curto, e en calquera xogada podía chegar o empate. Tamén se acercaban con perigo os locais. A falta de dous minutos para rematar o partido, o terceiro momento determinante. Dous goles en apenas uns segundos que sentenciaban o encontro. Manuel, nun excelente lanzamento de falta, establecía o definitivo 6:4 que non fai xustiza ao excelente traballo duns rapaces que semana a semana seguen a superarse con esforzo e ilusión.
Polo visto o árbitro non aceptou as fotocopias do DNI dalgúns xogadores (reclamaba os orixinais), e tampouco aceptou unhas follas asinadas pola Federación nas que se identificaba a ditos xogadores. Esas son as noticias que teño. Se cadra alguén che pode responder máis pormenorizadamente.
Inxusta derrota do Arranxar nunha invernal mañá alaricana fronte a un dos mellores equipos da categoría, e con tres momentos que determinaron o devir do encontro. O primeiro, antes de comezar o mesmo. Un puntilloso colexiado deixaba sen xogar a algúns xogadores clave do Arranxar. Baixas significativas que fixeron mella no ánimo dos rapaces nos primeiros minutos. Un tiro aparentemente sen perigo e un roubo de balón puñan o 2:0 a prol do Allariz cando só se levaban disputados 5 minutos. Comezaba a acercarse o Arranxar á porta local. Algún lanzamento de falta que atopaba a barreira, e algún tiro lonxano que non atopaba portería. Chegou por fin o minuto 13. Iago aproveita un rexeite dentro da área e leva o 2:1 ao marcador. Veñen entón os mellores momentos do Arranxar. Dous minutos despois, a piques de chegar o empate. Gran lanzamento do Osama, pero o balón peta no longueiro e remata finalmente en córner. Foi a mellor ocasión do encontro, pero o balón non quixo entrar. E cousas do fútbol, na saída do córner, roubo de balón, contragolpe e o 3:1. Non se viñeron abaixo os rapaces do Arranxar. Minuto 20. Falta a prol dos visitantes. Lanza Osama, rexeita o porteiro e Héctor, moi atento, marca o 3:2. Busca o empate o Arranxar. Un minuto despois, lanzamento de Javi pero o balón sae fóra por pouco. Con 3:2 chegaríase ao descanso. Na segunda metade, un perigoso Allariz atopouse cunha boa defensa visitante. Chega o 3:3 no minuto 4, obra de Osama. Partido intenso e igualado, no que calquera equipo podía levarse os tres puntos. A piques está Adrián de adiantar ao Arranxar no marcador no minuto 7. Dous minutos despois, Manuel lanza unha falta e o balón sae fóra por pouco. No 13, de novo Manuel no lanzamento dunha falta moi perigosa, pero o balón tropeza na barreira e sae a córner. Na seguinte xogada, a piques de adiantarse o Allariz. Calquera pode marcar. Faino Osama, no minuto 16, no lanzamento impecable dunha falta. Pero o árbitro non dá validez ao tanto, porque polo visto a falta era indirecta. Este foi un dos momentos determinantes do encontro, pois o Arranxar culminaba a remontada e a vitoria estaba máis perto. Pero non puido ser. Animouse o Allariz, e no 18 chegou o 4:3, que caeu como un xarro de auga fría, case tanto como a chuvia e o vento alaricano. Non obstante o marcador era curto, e en calquera xogada podía chegar o empate. Tamén se acercaban con perigo os locais. A falta de dous minutos para rematar o partido, o terceiro momento determinante. Dous goles en apenas uns segundos que sentenciaban o encontro. Manuel, nun excelente lanzamento de falta, establecía o definitivo 6:4 que non fai xustiza ao excelente traballo duns rapaces que semana a semana seguen a superarse con esforzo e ilusión.
ResponderEliminar¿porqué non poderon xogar algúns xogadores do Arranxar alevín?
ResponderEliminarPolo visto o árbitro non aceptou as fotocopias do DNI dalgúns xogadores (reclamaba os orixinais), e tampouco aceptou unhas follas asinadas pola Federación nas que se identificaba a ditos xogadores. Esas son as noticias que teño. Se cadra alguén che pode responder máis pormenorizadamente.
ResponderEliminarPero, ¿no llevábais las fichas originales? porque entonces sólo se explica que no los dejase jugar al tener dudas sobre su edad.
ResponderEliminar