Segunda vitoria do equipo alevín do Arranxar esta tarde noite sobre o campo de Oira, entre lusco e fusco e un frío invernal. Primeiros minutos de dominio local, tocando ben o balón e buscando o gol. Chegou o primeiro no minuto 6, na saída dun córner. Primeiro acercamento do Maristas no minuto 9, pero o balón sae fóra por pouco. Dous minutos despois, o 1:1 nun tiro lonxano. Fixo dano o tanto visitante. Chega a imprecisión ao cadro local, e o Maristas comeza a chegar con perigo. No minuto 16, Marcos salva unha contra perigosa. Dous minutos despois inténtao Rubén, sen fortuna. Apenas chegou o Arranxar á porta rival nos derradeiros minutos da primeira metade. Rematou mellor o Maristas, pero ao descanso chegouse con 1:1 no marcador. Intensa segunda metade. A charla do técnico local deu os seus froitos, e o Arranxar saíu como ao principio do partido. Chega o 2:1 no minuto 2, obra de Rubén. A piques de empatar o Maristas un minuto despois. No minuto 4, falta a prol do Arranxar. Saca Rubén e Alejandro remata ao pau. Non se acovarda o Maristas, e o partido entra nunha fase moi emocionante. Calquera pode marcar en calquera momento. No minuto 8, a loita e a presión dos rapaces do Arranxar provocan un roubo de balón e unha contra que Salva transforma no 3:1. Acercamentos perigosos do Maristas nos minutos 10 e 14. No 16 o porteiro visitante despexa un bo lanzamento de Rubén. Partido de ida e volta, co balón rondando as dúas áreas, aínda que sen moito perigo. No minuto 22, o 4:1 a prol do Arranxar. Héctor sentencia o partido e unha nova vitoria dun equipo cun potencial inmenso, que segue crecendo semana a semana e que seguro dará moitas alegrías. Parabéns, rapaces!

ResponderEliminar