domingo, 2 de diciembre de 2012

Arranxar Cadete 1ª Xornada Copa

Ourense B 6:2 Arranxar

1 comentario:

  1. Derrota do equipo cadete do Arranxar nesta primeira xornada de Copa, nunha xélida mañá de domingo en Salesianos, fronte a un bo Ourense, sobre todo na segunda metade. Primeira parte moi seria do Arranxar, cunha boa defensa que evitaba o perigo ourensán, e intentando saír á contra aproveitando a velocidade de Antonio. Intentábao o Ourense con algún lanzamento lonxano. No minuto 5, o balón peta no longueiro. Non duraba moito o balón nos pés de ningún equipo. No minuto 10, primeira chegada con perigo do Arranxar. Anxo pasa a Antonio, este vaise do porteiro local pero queda sen ángulo para centrar. Inténtao tamén o Ourense, pero as defensas eran mellores que os ataques. Noutro tiro lonxano chega o primeiro tanto do partido a prol do Ourense. Era o minuto 23. Dous minutos despois, de novo Antonio encara a portería local, e de novo a defensa está rápida para cortar. Repítese a xogada no minuto 27, pero esta vez o defensa ourensán comete falta sobre Antonio no borde da área. Lanzamento maxistral de Javi que leva o 1:1 ao marcador. Comezan entón os mellores minutos do Arranxar. Maior posesión de balón dos visitantes. Agora son os locais quen buscan as contras. Pero non se movería o marcador até o descanso. Mellor o Ourense na segunda parte. Aos 3 minutos, balón ao pau. Moito traballo para Diego, que resolveu ben. Nova oportunidade ourensá no minuto 7, pero o balón sae fóra por pouco. Intenta saír o Arranxar, pero a defensa local parecía un muro infranqueable. No minuto 13, o balón chega a Javi pero o seu disparo é detido con facilidade polo porteiro. Continúa o dominio ourensán. No 16, novo balón ao pau. Na saída dun córner posterior, perigoso remate de cabeza, pero o balón saíu rozando o longueiro. Dous minutos despois, novo córner, novo remate claro de cabeza, pero esta vez o balón entrou na porta. Chegaba o 2:1. Contragolpe do Arranxar no minuto 21, Antonio contra catro xogadores do Ourense, e Anxo consigue finalizar a xogada cun frouxo lanzamento. Continúa o balón nas inmediacións da área do Arranxar. Unha falta de entendemento provoca o 3:1 no minuto 28. O 4:1 chega no 33. E cando parecía que o partido estaba sentenciado, viñeron uns minutos que puideron cambialo todo. No 34, cesión perigosa ao porteiro ourensán que envía in extremis o balón a córner, á saída do cal chega un dos mellores goles da temporada. Remate espectacular de Cheik, acrobático, imposible, imparable. O 4:2. Dous minutos despois, penalti sobre Antonio que el mesmo lanza, pero o balón sae alto. E do que podería ser o 4:3, ao 5:2 na seguinte xogada, noutro gran lanzamento lonxano. Cos rapaces do Arranxar esgotados polo esforzo, contragolpe do Ourense, xa no desconto, catro para un, e o 6:2. Quen sabe o que tería pasado se tivese entrado o penalti. En todo caso, bo partido do Arranxar, especialmente na primeira metade. Isto só acaba de empezar, e aínda está todo por decidir. Ánimo e adiante!

    ResponderEliminar

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.