domingo, 12 de mayo de 2013

Arranxar Cadete 3ª Xornada Copa Delegación

Arranxar 0:2 Pavillón Promesas

1 comentario:

  1. Gran melloría do equipo cadete con respecto a aquel encontro de Allariz. Equipo serio, centrado e concentrado, moi ben colocado sobre o terreo de xogo e creando claras ocasións de gol. Pero di o dito que quen perdoa, perde. A diferenza entre o Arranxar e o Pavillón esta mañá en Oira foi o acerto cara a portería contraria. Comeza buscando o Arranxar as contras e os balóns en profundidade. No 17, un de Isma a Papa que encara o porteiro pero este despexa ben. Dous minutos despois, turno de Anxo, e de novo o gardameta visitante. Os mellores minutos do Arranxar, mediada a primeira metade. Perdoan os locais. No 30, Antonio non atopa portería. Idéntica sorte en idéntica xogada tres minutos despois, esta vez Papa, e o balón de novo fóra. Respira o Pavillón. Xa cerca do descanso son os visitantes quen a piques están de adiantarse no marcador, pero Diego e o pau evitan o tanto. Responde Isma, xogada individual pola banda esquerda, entra na área pero o seu centro é blocado polo gardameta. Descanso sen goles. Continúa a historia na segunda metade. Chegadas perigosas de Isma e Javi que non son materializadas. Si marcaría o Pavillón, no minuto 8, aproveitando un rexeite. O 0:1. Pero seguen as oportunidades claras do Arranxar. No 17, falta que lanza Papa e Antonio envía fóra. Na seguinte xogada é Rubén quen non acerta. Dous minutos despois, gran xogada de Javi pola banda dereita, entra na área, gran disparo que despexa o porteiro, engancha Javi o rexeite pero de novo o gardameta visitante, nunha excelente intervención, evita o empate. Perdoa o Pavillón nunha contra clara no minuto 20. Non o faría no 37, sentenciando o partido. Derrota final, pero moi bo sabor de boca dos rapaces de Yony fronte a un bo rival que simplemente aproveitou as súas ocasións. Outra vez será.

    Goles

    Segunda parte:
    0:1 (minuto 8)
    0:2 (minuto 37)

    ResponderEliminar

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.