sábado, 25 de mayo de 2013

Arranxar Infantil 5ª Xornada Copa Delegación

Celanova 1:2 Arranxar

2 comentarios:

  1. Non puido ser. Faltaron 5 goles. Ben puideron chegar, 5 ou 10, pero o infortunio cebouse no equipo infantil esta mañá en Celanova. Deuno todo Juan sobre o campo, intentouno de todas as maneiras, pero hoxe o balón non quixo entrar, negouse categoricamente a entrar. Rabia e impotencia. E iso que as cousas empezaron ben. Fermoso campo de herba e fermosa mañá. Intentouno Rubén no minuto 3, pero o seu lanzamento de falta lonxana sae un pouco alto. Busca o perigo o Celanova a balón parado, cunha falta e un córner. Chega o minuto 7. Excelente xogada de Juan pola banda esquerda, unha máis desas coas que nos deleitou semana a semana. Centra e Rubén remacha o 0:1. Moito tempo por diante, e a Final máis cerca. Tres minutos despois, de novo Juan, pero ao seu centro non chega Tiberio por moi pouco. Chéirase o segundo tanto. Chegaría no 15, pero o árbitro anula o gol de Juan por suposto fóra de xogo. Inténtao Rubén no 18 cun lanzamento desde o borde da área, pero o balón non atopa portería. Minuto 19, centro de Juan ao que non chega Tiberio por milímetros, segue a xogada, balón que lle chega a Juan e o seu lanzamento peta no longueiro e sae cuspido cara fóra. Comeza o mal fario. No 25, de novo Juan, pero xa case sen ángulo chuta fóra. Un minuto despois, centro de Juan, non chega Iago, e finaliza a xogada Rubén cun tiro que detén o porteiro. Intenta elaborar algunha xogada o Celanova, pero as súas chegadas carecen de perigo. No minuto 30, o 0:2, obra de Rubén nun maxistral lanzamento de falta. Inténtao Santi no 38, pero o balón sae fóra. Na seguinte xogada, contra perigosa dos locais pola banda esquerda, pero o lanzamento sae a rentes do pau de Ángel. Tres últimas de Juan antes do descanso. Na primeira, o porteiro envía a córner un centro perigoso. Saca Juan o córner e o balón peta do pau dereito da porta local. Na última, gran lanzamento e excelente intervención do porteiro que envía o esférico a córner. Non deixou o árbitro que se sacase, indicando o descanso. O da segunda metade foi a historia de querer e non poder, da impotencia dun balón alérxico as redes da portería. No minuto 2, Juan queda sen ángulo e o defensa envía a córner. No 8, falta que lanza Rubén, despexa o porteiro pero ninguén chega ao rexeite. Dous minutos despois, dúas excelentes intervencións do gardameta local ante sendos chuts de Juan e Rubén. No 12 proba Rubén, rexeite do porteiro que Santi envía fóra. No 14, Juan encara ao porteiro, un contra un, parece que por fin vai entrar o balón, pero finalmente peta no pau. Incrible. Comezan entón os mellores minutos do Celanova, aproveitando a incredulidade visitante. No minuto 18, o árbitro corta unha perigosa contra levada por Juan por unha suposta falta. Un minuto despois, vaise de novo Juan dos defensas locais, encara a portería pero o balón sae alto. Desesperación. No 26 perdoa o Celanova o primeiro. Lanzamento a pracer desde o borde da área pequena, pero o balón sae fóra. Un minuto despois salva Ángel o tanto. Minutos de control do Celanova e chegadas perigosas. No 31, nova excelente intervención de Ángel. Volven perdoar os locais. No 33, outro balón de Juan que non atopa portería. Chegaría o 1:2 no minuto 38. Xusto antes do final, centro de Juan ao que non chega Antonio por pouco. Pero xa daba igual. Agria vitoria para finalizar unha temporada magnífica, cun excelente traballo do míster Rubén, e uns xogadores que o deron todo sobre o terreo de xogo semana a semana, que rozaron metas inimaxinables até hai ben pouco, e que xa forman parte da historia deste club, o Arranxar. Ángel, Adrián, Manuel, Joao, Alejandro, Santi, os alevíns Rubén e Osama, o capitán Rubén, Iago, Juan, Antonio, Tiberio, Tatiana, Alberto, Yoni (desculpas se me esquezo dalguén). Parabéns, rapaces, e grazas por todo!

    ResponderEliminar
  2. E parabéns tamén ao Maceda, digno finalista da Copa Delegación.

    ResponderEliminar

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.