sábado, 18 de mayo de 2013

Arranxar Infantil 4ª Xornada Copa Delegación

Arranxar 8:5 Allariz

2 comentarios:

  1. hoxe hai que darlle a noraboa o equipo, despois de quedarnos cun xogador menos ao principio do partido(algo bastante esaxerado por parte do arbitro),souberon sair adiante e loitar ata o derradeiro minuto, sendo xustos vencedores.Darlle tamén a noraboa o noso entrenador,por saber facer os cambios e buscar a vitoria ata o final.

    ResponderEliminar
  2. Vitoria vital do equipo infantil esta mañá en Oira de cara á clasificación para a Final da Copa Delegación, fronte a un bo Allariz que xogou case todo o partido cun home máis, e que perdoou demasiado. Derbi verdinegro que comezou cos locais buscando o gol. No primeiro minuto, Juan e Iago non aproveitan un erro defensivo. De novo o alevín Rubén foi un dos mellores do Arranxar, clave na loita e na recuperación de balóns. No minuto 5, a piques están Juan e Osama de adiantar aos locais. Dous minutos despois, unha xogada que puido marcar o partido. Contra perigosa do Allariz que Manu corta en falta. Aínda que o balón seguíu en posesión visitante, co dianteiro encarando a Ángel, o árbitro cortou o xogo, sinalou a falta e expulsou ao defensa local. No lanzamento da falta, o 0:1. Partido costa arriba. Acusou o golpe o Arranxar. Minutos de dominio visitante. No 25, o 0:2, aproveitando un rexeite dentro da área pequena. Por fin, no 31, Juan, quen se non. Gran xogada individual pola banda esquerda, entra na área, vaise dos defensas do Allariz e leva o 1:2 ao marcador. Cinco minutos despois, de novo Juan, presiona ao porteiro visitante, corta moi ben o balón pero este sae fóra. No minuto 40, o 1:3. Centro desde a banda esquerda que é rematado a pracer. Cando parecía que ese sería o resultado no descanso, un balón que lle chega a Juan, bo control e excelente definición. O 2:3 e todo por decidir. Emocionante segunda parte, con remontada espectacular do Arranxar e excesivos erros do Allariz adiante. O primeiro, no primeiro minuto, balón fóra. No minuto 5, xogada do alevín Rubén, busca a Juan que entra na área e o seu centro é despexado polo porteiro a córner. No lanzamento do mesmo e tras varios rexeites, Rubén engancha ben o balón e empata o encontro. No 11, de novo Juan encarando ao porteiro pero este responde cunha excelente intervención. Adiantaríanse de novo os visitantes ao aproveitar un rexeite trala saída dun córner. Era o minuto 18. Con 3:4 no marcador, oito minutos de asedio alaricano, pero entre Ángel e a inocencia dos dianteiros visitantes, non se moveu o marcador. Se hai un xogador decisivo nesta categoría, ese é Juan. Técnico, veloz, sempre aparece cando máis se necesita. Así chegou o minuto 26, contra do Arranxar e o 4:4 obra de Juan. Perdoa o Allariz o quinto. Non así o Arranxar. Minuto 29, a banda esquerda de Juan, centra e remacha Rubén o 5:4. Remontada. Dúas ocasións dos verdinegros locais no minuto 32. Rubén pasa a Juan pero o seu control váiselle longo. Na seguinte xogada, bo lanzamento de Juan e gran resposta do porteiro. No 33 volven perdoar os verdinegros visitantes. Non perdoa Juan no 34. Esta vez o porteiro non pode despexar o lanzamento do dianteiro local. O 6:4. Tres minutos e tres novas claras ocasións do Allariz. No 36 salva Ángel. No 37 salva o longueiro. No 38, Ángel moi seguro bloca o balón no lanzamento dun córner. No 39 sentencia o Arranxar. Centra Juan, esta vez desde a banda dereita, e Tiberio leva a tranquilidade ás bancadas locais. Un minuto despois, contra que leva Rubén, encara ao porteiro e define perfectamente. O 8:4. Con tres minutos de desconto, falta perigosa a prol do Allariz e o definitivo 8:5. A 80 minutos de facer historia. A 80 minutos da Final. Todo se decidirá na Terra de Celanova. Forza Arranxar!

    Goles

    Primeira parte:
    0:1 (minuto 8)
    0:2 (minuto 25)
    1:2 (minuto 31) Juan
    1:3 (minuto 40)
    2:3 (minuto 42) Juan

    Segunda parte:
    3:3 (minuto 5) Rubén
    3:4 (minuto 18)
    4:4 (minuto 26) Juan
    5:4 (minuto 29) Rubén
    6:4 (minuto 34) Juan
    7:4 (minuto 39) Tiberio
    8:4 (minuto 40) Rubén
    8:5 (minuto 43)

    ResponderEliminar

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.