sábado, 12 de marzo de 2011

Resultado Arranxar 19ª Xornada

Arranxar 2:8 Barbadás B

1 comentario:

  1. Non hai moito que dicir sobre o partido disputado onte pola tarde en Oira. Mal partido do Arranxar, que contaba con 7 xogadores. A pesar do resultado tampouco foi espectacular o xogo do Barbadás, que contaba con 12. Incluso a árbitro aportou os seus graos de area ao despropósito vivido onte. Tarde para esquecer. Así pois, acabemos canto antes.

    Adiantouse o Arranxar no minuto 2 cun golazo de Manu nun gran lanzamento desde fóra da área. Acercábase timidamente o Barbadás con algúns disparos lonxanos. Nunha boa xogada pola banda esquerda chegaría o gol do empate no minuto 6. A partir de aí, dominio dos visitantes que se concretaría no 1:2 no minuto 10. No 16, unha falta fóra da área convírtea a árbitro nun penalti a prol do Barbadás que, non obstante, sería desperdiciado, pois o lanzamento sairía demasiado alto. Dous minutos despois, o empate do Arranxar. Centro de Manu desde a banda esquerda e Rubén coloca moi ben o balón co seu pé dereito. Gol que daba esperanzas ao cadro local. Non obstante adiantaríase de novo o Barbadás no marcador ao aproveitar unha contra. Era o minuto 22. Dúas grandes intervencións de Juan evitarían sendos goles. Pero xusto antes do descanso, roubo de balón dos azuis no centro do campo, gran pase do seu número dez ao dianteiro do Barbadás que regatea ao defensa e establece o 2:4 co que se chegaría ao remate da primeira metade.

    A segunda parte foi peor. No minuto 4, un balón que non consegue atrapar o meta local convírtese no 2:5. O Barbadás era mellor, dentro das imprecisións que caracterizaron o encontro. No minuto 13, o sexto tanto dos visitantes. No 19, xogada surrealista. Entrou o balón? Existía fóra de xogo? O caso é que a árbitro concedeu gol. Era o sétimo do Barbadás. Acercamento perigoso do Arranxar no minuto 21. Xogada individual de Manu que marcha do seu defensa pero o lanzamento sae a rentes do pau dereito. A falta dun minuto para o final do partido, o definitivo 2:8. Só nos queda recordar a primeira volta.

    ResponderEliminar

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.