Chegou por fin a 5ª vitoria do Arranxar na liga, aínda que con máis sufrimento do agardado. No minuto 10 da segunda metade parecía todo sentenciado, cun claro 1:6 no marcador. Pero os últimos 15 minutos foron por completo dun Ourense que a piques estivo de sumar o seu primeiro punto despois dunha remontada espectacular que non obstante quedou sen culminar. Vitoria balsámica en Salesianos baixo un sol de xustiza.
Comezou moi ben o partido, cun Arranxar moi serio atrás e rápido e contundente adiante, cun Manu veloz e un Rubén decisivo. Dous goles de Manu e un de Rubén puñan un cómodo 0:3 no marcador nos dez primeiros minutos. O Ourense intentábao, pero aí estaba Luis para cortar os balóns e Juan para detelos. Chegaría o 1:3 no minuto 15, pero o Arranxar non se veu abaixo e Rubén, nos minutos 19 e 25 (un auténtico golazo), establecía o 1:5 co que se chegaría ao descanso. Na segunda metade seguíase acercando o Arranxar. Rubén, cun lanzamento desde o borde da área, puña o 1:6 que parecía sentenciar o partido. Nada máis lonxe da realidade. Nun rebote chegaría o 2:6 aos 10 minutos. Un minuto despois, o terceiro dos locais, nun erro defensivo. O Ourense veuse arriba, creu na remontada e deixou a pel no campo. O nerviosismo estendíase entre as filas do Arranxar. As chegadas non eran tan perigosas, non saían os pases nin os autopases nin nada. A calor era asfixiante, igual que o dominio local. No minuto 16, o 4:6. Algunha oportunidade clara tivo o Arranxar para sentenciar o partido, pero o balón xa non quería entrar. Entrou (ou non) o quinto do Ourense. Era o minuto 26, e xa non quedaba tempo para máis. Vitoria importante para a moral do equipo, a pesar dun sufrimento final que non debeu ter acontecido. En todo caso, parabéns, rapaces!
Chegou por fin a 5ª vitoria do Arranxar na liga, aínda que con máis sufrimento do agardado. No minuto 10 da segunda metade parecía todo sentenciado, cun claro 1:6 no marcador. Pero os últimos 15 minutos foron por completo dun Ourense que a piques estivo de sumar o seu primeiro punto despois dunha remontada espectacular que non obstante quedou sen culminar. Vitoria balsámica en Salesianos baixo un sol de xustiza.
ResponderEliminarComezou moi ben o partido, cun Arranxar moi serio atrás e rápido e contundente adiante, cun Manu veloz e un Rubén decisivo. Dous goles de Manu e un de Rubén puñan un cómodo 0:3 no marcador nos dez primeiros minutos. O Ourense intentábao, pero aí estaba Luis para cortar os balóns e Juan para detelos. Chegaría o 1:3 no minuto 15, pero o Arranxar non se veu abaixo e Rubén, nos minutos 19 e 25 (un auténtico golazo), establecía o 1:5 co que se chegaría ao descanso.
Na segunda metade seguíase acercando o Arranxar. Rubén, cun lanzamento desde o borde da área, puña o 1:6 que parecía sentenciar o partido. Nada máis lonxe da realidade. Nun rebote chegaría o 2:6 aos 10 minutos. Un minuto despois, o terceiro dos locais, nun erro defensivo. O Ourense veuse arriba, creu na remontada e deixou a pel no campo. O nerviosismo estendíase entre as filas do Arranxar. As chegadas non eran tan perigosas, non saían os pases nin os autopases nin nada. A calor era asfixiante, igual que o dominio local. No minuto 16, o 4:6. Algunha oportunidade clara tivo o Arranxar para sentenciar o partido, pero o balón xa non quería entrar. Entrou (ou non) o quinto do Ourense. Era o minuto 26, e xa non quedaba tempo para máis. Vitoria importante para a moral do equipo, a pesar dun sufrimento final que non debeu ter acontecido. En todo caso, parabéns, rapaces!
PD. Oxalá, míster!
Crónica e fotos do partido na web do Alevín C do CD Ourense.
ResponderEliminarhttp://www.alevinc2010.es/noticia.php?idnoticia=47