sábado, 26 de marzo de 2011

Resultados Xornada 21

Ponte Ourense B 4:0 Celanova
Allariz 7:0 Verín B
Pavillón C 2:5 Barbadás B
Santa Teresita 3:1 Ourense C
Arranxar 6:4 Xinzo de Limia B
Bosco 4:2 Maristas B


1 comentario:

  1. Ponte Ourense B - Celanova
    Comezou o partido cun Ponte controlando o xogo e buscando as súas oportunidades. En fronte, un Celanova moi serio en defensa buscaba saír nalgunha contra perigosa. A primeira ocasión do partido foi dos locais, cun balón ao longueiro no minuto 4. Nos minutos 6 e 8, dúas claras oportunidades do Celanova. No 9, un forte lanzamento desde fóra da área puña o 1:0 no marcador. Seguía controlando o xogo o Ponte, e seguía tendo algunha oportunidade clara o Celanova nalgunha contra. Até o minuto 17. O 2:0 chegou cun golazo pola escuadra, e desde entón o dominio do Ponte foi maior. Na segunda metade, o control do xogo foi por completo dos locais, que marcarían o terceiro no minuto 4. Tan só unha clara oportunidade do Celanova, no minuto 10. Co partido decidido chegaría o definitivo 4:0 no minuto 23. Vitoria clara do líder fronte a un Celanova que aguantou ben até o segundo gol dos locais.

    Bosco - Maristas B
    Con máis de media hora de retraso e baixo a chuvia comezaría en Salesianos o partido entre o Bosco e o Maristas B. Inxusta derrota dos visitantes que plantexaron un partido moi serio cunha presión asfixiante que impediu ao Bosco desenvolver o seu xogo habitual. Os locais responderon con contundencia e efectividade. No minuto 6 xa gañaban por 2:0. Pero nun erro defensivo (propiciado pola presión visitante) chegaría o 2:1 no minuto 7. A piques estivo o Maristas de empatar o partido en dúas claras ocasións, no minuto 13 e no 22, con varios rebotes na área pequena que non souberon culminar. Si marcou o Bosco o 3:1 na contra seguinte. A segunda metade comezou cun dominio total do Maristas e varias oportunidades que non obstante seguían sen consumar. O Bosco perdía rapidamente o balón e non era capaz de saír á contra. No minuto 12 o adestrador local cambia por completo o equipo. Isto deu un xiro á situación. Comezou a xogar mellor o Bosco, e no minuto 17 sentenciarían os locais á saída dun córner. Era o 4:1. Despois, algunha oportunidade do Maristas (un cabezazo ao pau no 21) e algunha outra do Bosco, ben detida polo porteiro visitante. No 23, o definitivo 4:2, insuficiente para o Maristas e que mantén ao Bosco loitando pola segunda posición.

    ResponderEliminar

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.