Derrota pola mínima do Arranxar no campo dun dos mellores equipos da categoría, o Allariz, que levaba 12 vitorias en 15 partidos disputados. Unha parte para cada equipo. Excelente primeira metade dos rapaces do Arranxar, que chegaron ao descanso cunha clara vitoria, 0:2 no marcador. Mal comezaron as cousas na segunda parte. No primeiro acercamento local chegaba o 1:2. Despois os mellores momentos do Allariz, que conduciron á remontada, chegando ao 4:2. A falta dun minuto para o remate do encontro, o 4:3 e a emoción. Pero este árbitro non actuou como o de Barbadás, e cando se cumpriu o tempo regulamentario pitiou o final. Lástima de segunda metade. Porque este equipo mereceu e merece moito máis. Non han tardar en chegar máis vitorias. Forza Arranxar!

ResponderEliminar