sábado, 11 de febrero de 2012

Resultados 11 e 12 de febreiro

20ª Xornada Infantil

Velle B 3:2 Maceda
Verín 6:4 Allariz
Pavillón B 5:0 Barbadás B
Arranxar 1:5 Xinzo de Limia
Bosco 5:2 Ourense B
Ponte Ourense C 4:0 Celanova

16ª Xornada Alevín

Ourense B 1:2 Ponte Ourense B
Santa Teresita 1:2 Pavillón C
Barbadás B 10:2 Verín B
Xinzo de Limia C 0:2 Velle
Maristas B 0:4 Xinzo de Limia B
Celanova 4:3 Allariz


1 comentario:

  1. Esta mañá xogaron no Campus Universitario dous equipos da zona baixa da clasificación, o Maristas B e o Xinzo de Limia B. Vitoria contundente dos visitantes, quizais excesiva, pero xusta. Na primeira metade, nada de nada. Aburrimento nas gradas, que inevitablemente tendían a mirar o partido que se disputaba a poucos metros entre o Maristas e o Ponte Ourense da primeira categoría alevín. Xogo embarullado. Os xogadores de ambos equipos buscaban sempre as xogadas individuais, e as posesións non duraban máis de cinco segundos. Cara o final da primeira parte, o Xinzo comezou a combinar máis o balón e a acercarse con perigo. Un balón ao pau e outro fóra por pouco foron serios avisos do que estaba por chegar. Na saída dun córner o Xinzo adiantábase no marcador. Chegábase ao descanso con 0:1 e mellores sensacións visitantes. Comezou a segunda metade cun Maristas volcado ao ataque, buscando o empate, aínda que sen claras ocasións de gol. O Xinzo resistía atrás e buscaba algún contragolpe que non chegou. Pero, cousas do fútbol, cando máis perto parecía o 1:1, chegaría unha falta desde o centro do campo a prol dos visitantes. Balón colgado á área, indecisión na zaga local e 0:2. Mazazo para o Maristas. Na seguinte xogada, cos xogadores locais todavía pensando no ocurrido segundos antes, chega a sentencia, o 0:3. Despois volveu o xogo embarullado e as perdas constantes de balón . Quizais o mellor do partido foi o cuarto gol do Xinzo. Gran pase e lanzamento de primeiras que entra pola escuadra. Non habería tempo para moito máis. A emoción, as oportunidades e o bo xogo concentráronse hoxe no outro partido da outra parte do campo.

    ResponderEliminar

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.