Cruel derrota do Arranxar esta tarde noite en Barbadás. Tras unha mediocre primeira metade que remataba con 1:0 a prol dos locais (algunha clara ocasión errada, e pouco máis), chegaba a remontada na segunda parte. Con 1:2 no marcador o Barbadás volcouse cara o empate, que non tardaría en chegar. Despois, emoción. Tan ben podía chegar o 3:2 como o 2:3. O que chegou foi o minuto 80. Cando parecía que o 2:2 sería o xusto resultado final, ao árbitro paróuselle o reloxo... Cando xa pasaban varios minutos dos 80 regulamentarios, penalti a prol do Barbadás, que foi transformado deixando o marcador nun inxusto 3:2 final. É normal a rabia e a frustración. Pero hai que levantarse, e quedarse cos bos momentos, coa boa segunda metade e coa certeza de que xogando así podemos gañar a calquera equipo da categoría. Ánimo, rapaces! E por certo, mención especial para o noso porteiro, Martín, que hoxe de novo estivo excelente.

ResponderEliminar