Partidazo do Arranxar este mediodía en Arrabaldo, un dos mellores da temporada, ante un Allariz que viña de quitarlle os primeiros puntos na liga ao invicto Pavillón a semana pasada. Dominio total. O balón apenas saíu do campo visitante e as oportunidades sucedíanse unha tras outra. Un xenial Isma, que hoxe estivo especialmente inspirado, adiantaba aos locais no marcador. Pero cousas do fútbol, primeira contra do Allariz e 1:1. Seguía o dominio do Arranxar, e con el o 2:1. Noutra contra, o 2:2. Non facía xustiza o marcador ao que estabamos a ver sobre o terreo de xogo. Máis cando os visitantes se adiantaban cun 2:3 na súa terceira chegada. Parecía incrible. Seguíanse sucedendo as oportunidades do Arranxar, pero ou ben o porteiro ou o pau ou a mala sorte levaban a desesperación ás bancadas locais. Perto do descanso, o 3:3 que debía levantar a moral cara a segunda metade. Seguiu o dominio do Arranxar no segundo tempo, pero esta vez con máis efectividade de cara ao gol. Un parcial de catro a cero deixaba a sentencia no marcador. Cara o final, o definitivo 7:4. Clara vitoria e xusto premio para uns rapaces que hoxe volveron demostrar que son capaces de gañar a calquera equipo da categoría, de reaccionar aos infortunios e de non virse abaixo nunca. Grande Arranxar!

ResponderEliminar