Continúa o progreso do equipo alevín do Arranxar. Partidazo esta tarde en Oira contra o equipo titular do Maristas, e derrota pola mínima que ben puido ter sido outra cousa se a sorte tivese acompañado. Comezou o encontro con 0:1 no marcador, tras unha falta de entendemento atrás. Chegaría o empate no minuto 7, nun gran disparo desde fóra da área despois dun córner. Comezaba a dominar o Arranxar, pero o Maristas creaba perigo nas contras. Nunha delas, no minuto 9, chegaba o 1:2. Loita, presión, pelexando cada balón. Partido igualado que merecía outro tanto no marcador. E chegou o 2:2 no minuto 22, golazo de Rubén culminando unha xogada individual pola banda esquerda. Así se chegaría ao descanso. Empeza a segunda metade cun gran lanzamento de Osama desde o seu propio campo que case adianta aos locais. Pero cousas do fútbol, na seguinte xogada o 2:3 tras un lanzamento desde fóra da área. Foi entón cando comezaron os mellores momentos do Arranxar. No minuto 5, o balón non quere entrar, e tropeza dúas veces no mesmo pau. Sobrevoaba o perigo a porta visitante. Dous minutos despois, o infortunio ao despexar un balón que xa entraba. O Maristas creaba perigo nalgún córner. Pero continuaba o dominio do Arranxar. No minuto 11, forte lanzamento e rexeite do porteiro visitante ao que non chega por pouco o dianteiro local. Gran partido de Marcos, detendo con seguridade os lanzamentos dos xogadores do Maristas. Nada puido facer para evitar o 2:4. Pero non se rendiron os rapaces do Arranxar. No minuto 18, contragolpe levado maxistralmente por Salva, e Raúl remacha o 3:4. Un minuto despois, a piques está Rubén de establecer o empate no marcador. Clara ocasión do Maristas no 21. Dous minutos despois, paradón de Marcos tras unha contra visitante. E no 24, xogada espectacular de Rubén pola banda esquerda, e o seu centro é rematado fóra cando xa se cantaba o empate. Na seguinte xogada, o definitivo 3:5 que non debe desanimar en absoluto a uns rapaces que en dúas semanas de adestramentos demostraron que máis cedo que tarde han chegar os resultados e os puntos e as vitorias. Ánimo, Arranxar!
Aínda que parece que as victorias se resisten, os resultados xa dan a entender a millora de este equipo. Os resultados xa chegarán. Hai equipos que escomenzaron a sua andadura no futbol perdendo partido tras partido, e logo co paso de tempo chegaron a gañar algunha Liga ou Torneos de Nadal e de verano. Os dous seguintes partidos serán complicados, pero logo xa tocan rivales máis parellos nos que se pode acadar algo positivo. Aínda así, na primeira tempada deste equipo, os resultados son o de menos, é unha tempada de aprendizaxe.
Continúa o progreso do equipo alevín do Arranxar. Partidazo esta tarde en Oira contra o equipo titular do Maristas, e derrota pola mínima que ben puido ter sido outra cousa se a sorte tivese acompañado. Comezou o encontro con 0:1 no marcador, tras unha falta de entendemento atrás. Chegaría o empate no minuto 7, nun gran disparo desde fóra da área despois dun córner. Comezaba a dominar o Arranxar, pero o Maristas creaba perigo nas contras. Nunha delas, no minuto 9, chegaba o 1:2. Loita, presión, pelexando cada balón. Partido igualado que merecía outro tanto no marcador. E chegou o 2:2 no minuto 22, golazo de Rubén culminando unha xogada individual pola banda esquerda. Así se chegaría ao descanso. Empeza a segunda metade cun gran lanzamento de Osama desde o seu propio campo que case adianta aos locais. Pero cousas do fútbol, na seguinte xogada o 2:3 tras un lanzamento desde fóra da área. Foi entón cando comezaron os mellores momentos do Arranxar. No minuto 5, o balón non quere entrar, e tropeza dúas veces no mesmo pau. Sobrevoaba o perigo a porta visitante. Dous minutos despois, o infortunio ao despexar un balón que xa entraba. O Maristas creaba perigo nalgún córner. Pero continuaba o dominio do Arranxar. No minuto 11, forte lanzamento e rexeite do porteiro visitante ao que non chega por pouco o dianteiro local. Gran partido de Marcos, detendo con seguridade os lanzamentos dos xogadores do Maristas. Nada puido facer para evitar o 2:4. Pero non se rendiron os rapaces do Arranxar. No minuto 18, contragolpe levado maxistralmente por Salva, e Raúl remacha o 3:4. Un minuto despois, a piques está Rubén de establecer o empate no marcador. Clara ocasión do Maristas no 21. Dous minutos despois, paradón de Marcos tras unha contra visitante. E no 24, xogada espectacular de Rubén pola banda esquerda, e o seu centro é rematado fóra cando xa se cantaba o empate. Na seguinte xogada, o definitivo 3:5 que non debe desanimar en absoluto a uns rapaces que en dúas semanas de adestramentos demostraron que máis cedo que tarde han chegar os resultados e os puntos e as vitorias. Ánimo, Arranxar!
ResponderEliminarAínda que parece que as victorias se resisten, os resultados xa dan a entender a millora de este equipo. Os resultados xa chegarán. Hai equipos que escomenzaron a sua andadura no futbol perdendo partido tras partido, e logo co paso de tempo chegaron a gañar algunha Liga ou Torneos de Nadal e de verano. Os dous seguintes partidos serán complicados, pero logo xa tocan rivales máis parellos nos que se pode acadar algo positivo. Aínda así, na primeira tempada deste equipo, os resultados son o de menos, é unha tempada de aprendizaxe.
ResponderEliminar