domingo, 28 de octubre de 2012

Arranxar Cadete 7ª Xornada

Arranxar 2:6 Ponte Ourense B

1 comentario:

  1. Derrota do equipo cadete esta mañá en Oira fronte ao Ponte Ourense B. Excesivo castigo no marcador final nun partido bastante igualado e no que a arbitraxe resultou determinante. Adiantábase o equipo pontino na súa primeira chegada aos 3 minutos, nun claro fóra de xogo. Igualado primeiro tramo do partido, con algunha ocasión clara para cada equipo. Mediada a primeira metade comezou a crear máis perigo o Ponte, aproveitando as excesivas perdas de balón locais. Unha delas provocou o 0:2 no minuto 25, nun lanzamento imparable. Viñeron entón os momentos máis intensos do partido. Un minuto despois, clara ocasión do Arranxar, pero o balón non quixo entrar. Si o fixo na seguinte xogada, tras o lanzamento dun córner. Con 1:2 no marcador e cun Arranxar que buscaba o empate, nova xogada conflitiva. Chegaba o 1:3 nun novo claro fóra de xogo que a colexiada non quixo ver. Non se veu abaixo o Arranxar, que creou dúas claras ocasións de gol nos últimos intres da primeira metade, pero o descanso chegaría con 1:3 e co partido completamente aberto. Comezou mellor o Arranxar na segunda metade, con maior dominio de balón e buscando acortar distancias. O Ponte intentaba crear perigo coas contras. No minuto 16, córner sacado por Kevin e un rexeite dentro da área é aproveitado por Rubén para levar o 2:3 ao marcador. Pero hoxe a sorte non quixo acompañar, e un minuto despois o 2:4 nunha xogada desgraciada. Seguiuno intentando o Arranxar, con traballo, loita e presión. A piques de chegar o terceiro nunha boa xogada elaborada, pero fallou a finalización. Era o minuto 27. Sete minutos despois, nova clara ocasión local, pero o porteiro visitante saíu rápido para despexar o balón. Buscaba o Ponte o perigo nas contras. No minuto 36 a lamentable actuación arbitral remata coa expulsión do adestrador local. Nos dous últimos minutos do partido, dous goles máis do Ponte que deixan o marcador nun excesivo 2:6 que non fai xustiza ao visto sobre o terreo de xogo.

    ResponderEliminar

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.