Igualado, intenso e emocionante partido o disputado esta mañá en Salesianos, con até dúas remontadas do Arranxar ante o Ourense B que finalmente acabou levándose o encontro. Primeiros minutos de dominio ourensán, dos que se desembarazou o Arranxar con dúas ocasións de Juan. No minuto 12 os hoxe visitantes aproveitaron un rexeite para poñer o 0:1 no marcador. Un minuto despois chegaría o 0:2. Acortaba distancias Juan nunha contra tres minutos despois, e no 19, de novo Juan establecía o 2:2 no marcador cunha perfecta vaselina. Eran minutos de completa igualdade, nos que calquera podía marcar o terceiro. Chegou no 29, a prol do Ourense. Ocasión do Arranxar un minuto despois, desbaratada polo porteiro visitante. No minuto 31, o 2:4, nun lanzamento imparable. Creaba perigo o Arranxar coa conexión entre Rubén e Juan. No 35, o propio Rubén lanza unha falta que sae rozando o longueiro. Un minuto despois, falta ao borde da área e Manuel aproveita o rexeite do porteiro ourensán para levar o 3:4 ao marcador. Buscou o Arranxar o empate até o final, pero o descanso chegou con desvantaxe dun gol. Dominio do Arranxar nos dez primeiros minutos da segunda metade. Aos poucos segundos a piques está Iago de empatar o partido, pero o seu lanzamento sae fóra por moi pouco. Chegou o empate aos dous minutos cun excelente lanzamento de Juan desde fóra da área. Catro minutos despois case chega o 5:4 nunha xogada individual de Juan pola banda esquerda, pero o balón sae fóra. A primeira chegada clara do Ourense produciuse aos 10 minutos, e despois, os seus mellores momentos no partido. No 13, o 4:5, aproveitando un rexeite. Un minuto despois, balón ao pau no lanzamento dunha falta. Nova clara oportunidade no 17 e o 4:6 dous minutos despois, no lanzamento dun penalti. Comezou entón o intento de reacción do Arranxar, buscando a terceira remontada. Falta lonxana no minuto 23, que Rubén lanza fóra por pouco. Dous minutos despois, unha falta de entendemento provoca o 4:7 que practicamente sentenciou o encontro. Nunha falta ao borde da área chegaría o definitivo 4:8 no minuto 34. Pouco máis nun bo partido que deixa ao Arranxar como o máximo goleador da categoría, por diante do líder Verín e do Ourense B, segundo clasificado. Agora toca pensar en Allariz e na segunda vitoria. Ánimo, rapaces.

ResponderEliminarEnlace ao blog do Ourense B, con fotos do partido.
ResponderEliminarhttp://infantilbcdourense2012.blogspot.com.es/