Derrota do equipo cadete esta mañá en Oira contra un dos grandes da categoría, o Barco, nun partido moi igualado que ben puido rematar en empate. Mediada a primeira metade xa gañaban os visitantes 0:2. Boas chegadas dos locais, pero sen definir nos últimos metros. Continuou a igualdade na segunda metade, cun Arranxar que buscou constantemente o gol que acortara distancias, pero este non chegou até o último minuto. Aínda puido empatar o Arranxar no lanzamento dunha falta e nunha xogada perigosa pola banda dereita, pero o marcador non se moveu. Agora a pensar no Arenteiro, completando así os tres partidos consecutivos contra os tres primeiros, e sabendo que hoxe sobre o terreo de xogo se demostrou que non existen tantas diferenzas cos equipos de arriba. Así que ánimo, rapaces, e a seguir traballando.

ResponderEliminar