sábado, 27 de abril de 2013

Arranxar Cadete 1ª Xornada Copa Delegación

Allariz 10:2 Arranxar

1 comentario:

  1. Derrota contundente do equipo cadete en Allariz, nunha mañá de sol e vento xeado que conxelou as ideas dos rapaces do Arranxar, especialmente na primeira metade. Oito goles en menos de media hora que deixaron resolto o partido antes do descanso. Primeiros minutos de xogo co balón no centro do campo. Maior control visitante, pero sen chegadas perigosas. O Allariz buscaba as contras. Nunha delas chegou o primeiro tanto, no minuto 9. Tres minutos despois, o 2:0 nunha xogada desgraciada. Un Arranxar lento, sen intensidade, sen ideas, comezou entón a encaixar un gol tras outro ante un Allariz que xogaba a pracer. A falta dun minuto para chegar ao descanso, con 8:0 no marcador, chega unha falta lonxana no lado esquerdo do ataque do Arranxar. Lanza Papa maxistralmente, colocando o balón na escuadra local. Aínda puido marcar Antonio o segundo, pero o balón saíu fóra. Con 8:1 rematou a primeira metade. Algo mellor o Arranxar na segunda. No minuto 15, Antonio encara o porteiro pero este despexa ben o balón, segue a xogada e Isma coloca moi ben o esférico desde fóra da área levando o 8:2 ao marcador. Seguírono intentando os rapaces do Arranxar, pero as chegadas non eran ben finalizadas. Tamén creaba perigo o Allariz. En dous minutos (33 e 35), dous goles e o definitivo 10:2. Moito que mellorar de cara aos vindeiros encontros.

    Goles

    Primeira parte:
    1:0 (m.9), 2:0 (m.12), 3:0 (m.16), 4:0 (m.17), 5:0 (m.26), 6:0 (m. 28), 7:0 (m. 31), 8:0 (m. 37).
    8:1 (m. 39) Papa

    Segunda parte:
    8:2 (m.15) Isma
    9:2 (m.33), 10:2 (m.35).

    ResponderEliminar

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.