Comeza esta fin de semana a Copa Delegación na súa categoría alevín, na que participarán os equipos non clasificados para os cuartos de final da Copa Deputación. Serán un total de 23 equipos, divididos en catro grupos de 6 equipos cada un (excepto o C que contará con 5 equipos). Sistema de liga a unha soa volta. O campión de cada grupo clasificarase para disputar as semifinais.
O Arranxar xogará no Grupo D. Os seus rivais serán os seguintes: Maristas, Maristas B, A Purísima, Santa Teresita e Pavillón Promesas. Na primeira xornada o Arranxar recibirá ao Maristas B.
Copa Delegación 2012/13 Alevín
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.