Finaliza a andaina do equipo cadete nesta Copa Deputación con bo sabor de boca, coa segunda vitoria nunha competición na que mereceu moito máis. Comezaban ben as cousas para o Arranxar esta mañá en Arrabaldo, a pesar de xogar só con dez xogadores. Erro defensivo dos locais que aproveita Mario para remachar o 0:1. Era o minuto 6. Catro minutos despois, vaise ben Antonio dos defensas, pica o balón e leva o 0:2 ao marcador. Primeira chegada perigosa do Arrabaldo no 14, pero o lanzamento sae alto por pouco. Buscaban os locais as contras. No 17, Álex saca perfectamente un balón que entraba. No minuto 21, boa xogada individual de Javi pola banda esquerda, vaise ben dos defensas pero o porteiro local evita o terceiro. Un minuto despois, de novo Javi, esta vez á saída dun córner, pero o seu remate sae fóra por pouco. O 1:2 no minuto 23, nunha contra ben culminada. Non estaba a ser un bo partido, con excesivas imprecións por ambas partes. No minuto 32, penalti a prol do Arrabaldo. Podía significar o empate, pero Diego evitouno cunha excelente intervención. Con 1:2 chegaríase ao descanso. Posible toque de atención de Yony aos seus no vestiario, porque na segunda metade viuse outro Arranxar, máis activo e dinámico, máis incisivo e perigoso. No minuto 4, Isma asiste a Javi que encara a porta local, pica ben o balón pero o porteiro envía a córner cunha excelente intervención. Multiplícanse as chegadas perigosas do Arranxar. No 6, balón que lle chega a Isma, que define á perfección. O 1:3 no marcador. O cuarto, catro minutos despois. Boa xogada individual de Antonio pola banda esquerda, centra e Isma remacha o tanto. No 17, lanzamento de Mario que despexa o porteiro, e Javi aproveita o rexeite para poñer o 1:5. Dous minutos despois, o 2:5 á saída dun córner. No 26, o definitivo 2:6 obra de Isma. Intentaron acortar distancia os locais, pero Diego estivo sensacional. Algunha clara ocasión máis para o Arranxar, nas botas de Javi e Antonio, pero o marcador xa non se movería. Na memoria, algúns infortunios, aqueles últimos minutos que nos costaron tantos puntos, pero tamén as boas sensacións, e o traballo, e a ilusión, que nunca faltou, a pesar da categoría dos rivais. Os meus parabéns, rapaces. Os meus parabéns, míster.
Goles
Primeira parte: 0:1 (minuto 6) Mario 0:2 (minuto 10) Antonio 1:2 (minuto 23)

ResponderEliminarGoles
Primeira parte:
0:1 (minuto 6) Mario
0:2 (minuto 10) Antonio
1:2 (minuto 23)
Segunda parte:
1:3 (minuto 6) Isma
1:4 (minuto 10) Isma
1:5 (minuto 17) Javi
2:5 (minuto 19)
2:6 (minuto 26) Isma