sábado, 13 de abril de 2013

Arranxar Infantil Eliminatoria Copa (Ida)

Arranxar 5:2 Calasancio B

3 comentarios:

  1. alegrome moito polo equipo hay que seguir asi

    ResponderEliminar
  2. Magnífico resultado do Arranxar esta mañá en Arrabaldo, con vistas ao partido de volta en Monforte a vindeira semana. Partido emocionante, de dominio alterno, e no que calquera puido marcar algún tanto máis. Comezou mellor o Arranxar, enchufado desde o primeiro instante, presionando ben e con moito perigo adiante. Inténtao Juan na primeira xogada, pero o balón tras dar no defensa marcha a córner tocando previamente o longueiro. De novo Juan no minuto 3, xogada pola banda esquerda, centra e Iago remacha o 1:0. Xogaba o Arranxar con intensidade. Excelente partido de Santi. Tamén excelente o partido do porteiro visitante, que no minuto 11 consigue blocar unha boa xogada de Juan. Desperta o Calasancio, que comeza a controlar o xogo. Non obstante sería o Arranxar quen marcaría o 2:0, no minuto 17, ao rematar Rubén de cabeza á saída dun córner. Juan seguía creando perigo coas súas xogadas pola banda esquerda, pero os seus centros eran interceptados pola defensa, o porteiro e incluso os paus. No 23, contra perigosa do Calasancio, pero Ángel envía a córner. Minutos de perigo visitante, cun atento Ángel evitando o gol. Inténtao Rubén no 28 cunha falta lonxana, pero o balón sae alto. Segue buscando o gol o Calasancio, que acabaría chegando no minuto 32. Lanzamento de falta e o balón entra pola escuadra. Inténtao de novo Rubén a falta dun minuto para o descanso, pero o porteiro visitante envía o balón a córner. No lanzamento do mesmo, o balón chégalle a Rubén que remacha o 3:1 no borde da área pequena. Comeza mellor o Calasancio a segunda metade, buscando o segundo tanto. Pero o que chegaría sería o 4:1. Era o minuto 10, boa xogada individual de Juan, dribla aos defensas visitantes, entra na área e marca cun forte e colocado chut. Tres minutos despois, controla Rubén un balón dentro da área, pero o seu lanzamento sae fóra por moi pouco. O cuarto tanto local fixo dano aos visitantes. Volve o dominio do Arranxar, cun Calasancio buscando algunha contra e cun Ángel sempre atento. Un par de faltas perigosas, unha por equipo, pero sen consecuencias. E o que é o fútbol, cando máis tranquilo estaba o Arranxar, unha falta de entendemento atrás provoca o 4:2 no minuto 27. Non se veñen abaixo os rapaces do Arranxar. Dous protagonistas nos últimos minutos do encontro, Juan e o porteiro visitante. No 34, bloca ben o balón. Dous minutos despois, vaise Juan veloz, pero o porteiro envía a córner. No minuto 37, Manu engancha un balón lonxano e crava o 5:2. Ofensiva final do Calasancio, buscando acortar distancias para o partido de volta. Foron minutos de moito perigo por parte dos visitantes. No 39, falta perigosa que rexeita Ángel, varios rexeites máis e o balón termina en córner. No 40, a piques está de chegar o terceiro, pero o lanzamento desde dentro da área sae fóra. Con dous minutos de desconto, córner a prol do Calasancio, e o remate sae algo desviado. E o que son as cousas, última xogada do encontro, falta perigosa a favor dos visitantes que termina nunha contra letal do Arranxar. Juan encara ao porteiro pero este volve responder cunha excelente intervención enviando o balón a un córner que xa non se chegou a sacar. Vitoria importantísima do Arranxar nun bo encontro de traballo e intensidade que hai que repetir en Monforte se queremos pasar a eliminatoria. Tres goles de diferenza que non deben ser motivo de confianza, senón de motivación para enfrontar un partido que pode ser histórico. Ánimo e forza, Arranxar!

    Goles

    Primeira parte:
    1:0 (minuto 3) Iago
    2:0 (minuto 17) Rubén
    2:1 (minuto 32)
    3:1 (minuto 39) Rubén

    Segunda parte:
    4:1 (minuto 10) Juan
    4:2 (minuto 27)
    5:2 (minuto 37) Manu

    ResponderEliminar
  3. Resultado do partido de ida da outra eliminatoria:
    Ponte Ourense C 1:3 Allariz

    ResponderEliminar

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.