sábado, 6 de abril de 2013

Arranxar Infantil 14ª Xornada Copa

Arrabaldo 0:2 Arranxar

2 comentarios:

  1. Remata o Arranxar esta exitosa fase previa da Copa Deputación como a empezou, con vitoria a domicilio por 0:2, nun partido sen moito brillo, pensando xa no Calasancio e no xantar. Escaso perigo por ambos bandos, e contadas ocasións de gol. A primeira do Arranxar chegaría no minuto 12, pero o lanzamento lonxano de Rubén saíu a rentes do pau esquerdo. Dous minutos despois, oportunidade do Arrabaldo á saída dun córner. Turno do Arranxar. Falta lonxana que lanza Rubén e o balón peta no longueiro. Era o minuto 21. No 34 inténtao o Arrabaldo noutra falta lonxana, pero o balón sae fóra por pouco. Chegaría o descanso con 0:0 e pouco que contar. Comeza a segunda metade cunha falta perigosa sobre Juan ao borde da área. Lanza Rubén, pero o balón peta na barreira e sae a córner. Lanzamento perigoso de Juan no minuto 6 que non atopa portería. Dous minutos despois, o primeiro tanto do partido. Gran xogada individual de Rubén, vaise de varios xogadores locais, lanza desde 30 metros e crava o 0:1. Algo mellor o Arranxar nesta segunda parte. No 13, lanzamento perigoso de Santi que o porteiro envía a córner. Dous minutos despois, falta lanzada por Juan, pero o balón vaise alto por pouco. Contra perigosa do Arrabaldo no 17, e a piques está de chegar o empate. No 19, turno do Arranxar, pero nin Juan nin Iago logran o obxectivo. Si o faría Juan un minuto despois. Dribla aos defensas dentro da área e introduce o balón entre o porteiro e o pau dereito da meta local. O 0:2 que sentencia o encontro. Perdoa Iago o terceiro no minuto 27. Embarullábase o partido por momentos. Boa xogada do Arrabaldo a piques de rematar o encontro, pero o lanzamento sae fóra rozando o pau. Chega o Calasancio a vindeira semana. Estamos a dous partidos de facer historia. Forza Arranxar!

    Goles

    Segunda parte:
    0:1 (minuto 8) Rubén
    0:2 (minuto 20) Juan

    ResponderEliminar
  2. Por certo, na segunda volta, pleno de vitorias!

    ResponderEliminar

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.