Partidazo dos rapaces do equipo alevín do Arranxar esta tarde en Oira fronte a un líder que sufriu moitísimo para levarse o encontro nos últimos minutos. Primeira parte espectacular dos locais. Excelente Rubén no centro do campo, rápido e creando perigo a cada instante. Gran parada de Marcos nun acercamento visitante no minuto 7. Tamén estivo ben o porteiro do Verín nesta primeira metade, na que tivo moito traballo. No minuto 9 deten un perigoso lanzamento de Rubén. Moi atenta a defensa local, cortando ben o balón nos ataques do Verín. No minuto 11, adiántase o Arranxar no marcador. Xogada pola banda dereita e o centro é ben rematado por Jesús, que cruza o balón ante o porteiro visitante. A loita e a presión dos rapaces do Arranxar provoca roubos de balón perto da área verinesa, co conseguinte perigo. No minuto 15, de novo o porteiro do Verín ten que saír ante un balón perigoso loitado por Salva, e posteriormente detén un tiro de Rubén. Son os mellores minutos locais, de control, dominio e presión en todo o terreo de xogo. Dous acercamentos do Verín, nos minutos 18 e 22, pero moi ben Marcos, despexando o balón. Vitoria do Arranxar ao descanso, e excelentes sensacións. Foi mellor o Verín na segunda metade. Unha falta de entendemento na defensa local remata cunha cesión que sinala o árbitro. É o minuto 5, e o balón peta no longueiro. Intenta chegar o Arranxar á porta visitante. No minuto 7, xogada de Salva pola banda esquerda, remata Rubén e detén o porteiro. Un minuto despois, perigoso lanzamento de Osama, pero o balón sae a córner. No minuto 9, perigo do Verín pola banda esquerda, pero o lanzamento é despexado por Marcos co pé. A partir de entón, os mellores minutos do Verín, que buscaba desesperadamente o empate. Os minutos corrían, e o Arranxar aguantaba os envites visitantes. Intentaban os locais saír con perigo nalgunha contra, pero a defensa do Verín estivo moi atenta. Resistiu o Arranxar os ataques do líder, até o minuto 19 da segunda parte. Tras varios tiros e rexeites, o 1:1, imparable. Dous minutos despois, o 1:2 levou a euforia á bancada visitante. Buscou o empate o equipo local, pero xa non había nin tempo nin forzas. Final do partido e inmenso aplauso merecido da bancada local a uns rapaces que o deron todo sobre o terreo de xogo, que xogaron de ti a ti fronte ao líder e que a piques estiveron de gañar o encontro. Magníficas sensacións dun equipo que segue a progresar extraordinariamente partido a partido, xornada a xornada, e que en nada recibirá o xusto premio a un excelente traballo. Ánimo, e a seguir así, rapaces.

ResponderEliminar