jueves, 1 de noviembre de 2012

Arranxar Cadete 8ª Xornada

Velle B 0:4 Arranxar

3 comentarios:

  1. Primeira vitoria do equipo cadete do Arranxar esta mañá en Velle baixo un ceo de nubes indecisas, que alternaban a chuvia e o sol. Volveu Antonio ao equipo de Yony, e a súa aportación notouse sobre o terreo de xogo. Primeiros vinte minutos igualados, con fases de xogo espeso e excesivas perdas de balón por ambos equipos. Non obstante foi o Velle quen crearía máis perigo. Primeira chegada clara no primeiro minuto, un contra un que despexa moi ben Diego. No minuto 7, falta no borde da área a prol dos locais, e o balón peta no longueiro. Un minuto despois, primeira chegada clara dos visitantes, pero de novo fallou a finalización. Buscaba o Arranxar a Antonio e Isma adiante. Nunha contra do Velle, a piques de chegar o primeiro tanto, pero de novo Diego desbarata a ocasión e envía o balón a córner. Minuto 20 e xogada clave no devir do encontro. Falta lonxana a prol do Arranxar e lanzamento maxistral de Kevin que introduce o balón pola escuadra local. Chegaba o 0:1, que cambiaría por completo o partido. Desde entón, maior perigo visitante. Maior presión do Arranxar na saída de balón do Velle. No minuto 25, roubo de balón e Isma lanza fóra por moi pouco. Tres minutos despois, nova xogada de perigo visitante, esta vez pola banda dereita, pero o lanzamento sae alto. A defensa adiantada do Velle provocaba varias contras perigosas a prol do Arranxar, e tamén varios fóra de xogo (algún bastante dubidoso). A falta dun minuto para o descanso, unha desas contras do Arranxar a piques ramata en gol, pero o tiro de Antonio é sacado por un defensa local xusto antes de entrar o balón na portería. Na seguinte xogada, contra clara do Velle, pero de novo Diego despexa o perigo. Con 0:1 chegaríase ao descanso. Comezou a segunda metade cun Arranxar que creaba moito perigo coa presión e os conseguintes roubos de balón. O Velle buscaba as xogadas pola banda dereita. No minuto 3, falta perigosa a prol do Velle no borde da área, pero o balón sae alto. No minuto 12, un deses roubos de balón, neste caso de Isma, remata co segundo tanto do Arranxar, obra de Antonio, que marca a pracer. Chocaba o Velle cunha seria defensa visitante. Tan só algunha chegada pola banda e algún lanzamento lixeiramente desviado. No minuto 17, de novo Kevin no lanzamento dunha falta lonxana, pero esta vez o balón sae fóra por pouco. Tres minutos despois, o 0:3, nunha contra excelente culminada por Javi. Non foi determinante o árbitro esta mañá en Velle. Quizais demasiado lixeiro á hora de sacar cartóns amarelos. Por dobre amonestación quedaría o Arranxar cun home menos nos dez últimos minutos de partido. O definitivo 0:4 chegaría no minuto 31 cun golazo de Javi no lanzamento dunha falta lonxana. En definitiva, merecida vitoria e moi boas sensacións, especialmente a partir do minuto 20 da primeira metade. Parabéns, rapaces, e a seguir traballando.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. javi moi ben

      Eliminar
    2. Estou de acordo. Saíu na segunda metade, e foi determinante con dous golazos.

      Eliminar

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.