domingo, 18 de noviembre de 2012

Arranxar Infantil 10ª Xornada

Maceda 9:3 Arranxar

1 comentario:

  1. Finalizou o Arranxar esta primeira fase da liga cun mal partido esta mañá en Maceda e cunha derrota merecida. Xogo moi espeso, falta de precisión e demasiadas perdas de balón sobre un campo de terra que tampouco axudou moito. Comezou o partido cos dous equipos intentando asentarse sobre o terreo de xogo. Primeiros minutos excesivamente embarullados e sen ningunha chegada perigosa. No primeiro tiro a porta, no minuto 8, adiantábanse os locais. O primeiro acercamento perigoso do Arranxar chegou no minuto15, nunha xogada de Juan pola banda dereita, pero o seu lanzamento sae fóra. Foi o comezo dos mellores minutos do equipo visitante. Na seguinte xogada, o propio Juan consigue irse do defensa e establece o 1:1 no marcador. Dous minutos despois, un centro perigoso pola banda dereita non atopa rematador. Chega o 2:1 no minuto 20, tras un lanzamento de falta imparable. Inténtano Juan e Iago adiante, pero os seus lanzamentos non atopan porta. Comeza a chegar o Maceda con máis perigo, elaborando o xogo e abrindo ás bandas. No minuto 26, o 3:1. Dous minutos despois, falta a prol do Arranxar. Lanza Rubén, saca ben o porteiro local pero Manu está atento ao rexeite e leva o 3:2 ao mercador. Seguía chegando o Maceda con perigo polas bandas. No 32, Álex detén un remate perigoso. Un minuto despois, o 4:2 nun tiro imparable desde fóra da área. Esvaeceuse entón o Arranxar, que non volveu a entrar no partido até o final. No minuto 38, novo ataque perigoso do Maceda, pero o balón peta no longueiro. Xusto antes do descanso, o 5:2 noutro tiro desde fóra da área. Na segunda metade, practicamente nada. Tan só Rubén no lanzamento dalgunha falta. No minuto 8, despexa o porteiro do Maceda, pero o rexeite non é aproveitado. Na contra seguinte, o 6:2. Repítese a acción. No minuto 15, o porteiro detén o lanzamento de Rubén. Na contra seguinte, o 7:2. Á terceira foi a vencida. Lanzamento imparable de Rubén tras unha nova falta, e o 7:3 no minuto 19. Pouco máis fixo o Arranxar nesta segunda parte, na que en ningún momento deu a sensación de entrar no partido. Pedro, que substituíu a Álex na portería, tivo que salvar un par goles para evitar unha desfeita aínda maior. Os dous últimos tantos do partido chegarían nos minutos 27 e 32, deixando o marcador no 9:3 definitivo. Vindeira xornada de descanso que debe servir para a reflexión, para corrixir os erros cometidos e para encarar a nova fase con ganas e ilusión.

    ResponderEliminar

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.