sábado, 10 de noviembre de 2012

Arranxar Alevín 6ª Xornada

Velle B 1:4 Arranxar

2 comentarios:

  1. Primeira vitoria do equipo alevín no campo talismán de Velle, onde tamén acadaron os cadetes a súa primeira vitoria a semana pasada. Dúas partes en cada parte, marcadas polo máxico minuto 12. Comeza o partido con igualdade sobre o terreo de xogo, con dous equipos que buscan un dominio que non chega, igual que as ocasións de gol. Algún acercamento perigoso de Salva por parte do Arranxar. Sería precisamente Salva o autor do 0:1, no minuto 12. Desde entón, o control do partido por parte do Arranxar. No 16, xogada individual de Rubén pola banda dereita, lanza e despexa o porteiro do Velle, pero o rexeite non é aproveitado. Si o sería dous minutos despois. Chega o 0:2, obra de Jesús. Dous minutos despois, lanzamento de Raúl, pero o balón sae a córner. O perigo do Arranxar é constante, e o balón non consigue saír do campo local. No minuto 23, falta lanzada por Osama, o balón dá na barreira e o rexeite cázao Raúl, pero a defensa do Velle envía a córner. Un minuto despois de novo Osama, pero o balón sae fóra por pouco. Chégase ao descanso con 0:2 e dominio visitante. Mellor o Velle no comezo da segunda metade, buscando acortar distancias. No minuto 7, a mala fortuna tralo lanzamento dunha falta leva o 1:2 ao marcador, e con el, a emoción. Chega entón o minuto 12, e de novo a mala fortuna, esta vez na porta local, pon o 1:3 tras un lanzamento de Rubén. Cómpre destacar que Rubén foi o autor de dous tantos no día de hoxe, pero en dous encontros distintos, pois tamén marcou no partido disputado esta noite co equipo infantil. Seguindo co partido dos alevíns, dicir que o Velle acusou o tanto. Volveu a igualdade, cun Arranxar máis tranquilo e vendo perto a súa primeira vitoria. No minuto 18, córner a prol do Arranxar pero o remate de Rubén sae fóra. Chegaría o definitivo 1:4 no último minuto, obra de Osama. Primeira e merecida vitoria. Chegan por fin os froitos a un excelente traballo que sen dúbida continuará no futuro.

    ResponderEliminar
  2. Chegou a primeira victoria. Virán máis

    ResponderEliminar

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.