Avultada derrota do equipo cadete esta tarde en Oira fronte a un dos mellores equipos da categoría que demostrou o porqué da súa clasificación. Excelentes primeiros vinte minutos do Arranxar, cunha boa defensa que aguantaba as acometidas do Chantada, cun Javi desbordando pola banda dereita e un Isma e un Antonio moi activos adiante. É Isma precisamente quen marca o primeiro tanto do encontro, no minuto 3. Primeira oportunidade clara do Chantada no minuto 12, pero o córner é rematado fóra. Dous minutos despois chega o 1:1 nunha boa xogada individual. Partido serio do Arranxar, que buscaba o segundo. Pero o 1:2 chegaría no minuto 19, e con el, os mellores momentos dos visitantes. Catro minutos despois, o terceiro, nun remate imparable. No 27, o 1:4. Intenta crear perigo o Arranxar, pero a defensa do Chantada comeza a ser inexpugnable. No minuto 39, clara ocasión dos locais. Antonio eleva o balón ante o porteiro pero este consigue detelo. Con 1:4 chegaría o descanso. Comeza ben o Arranxar a segunda metade, con ganas e presionando a saída de balón. No minuto 10, nova xogada de Javi pola banda dereita pero o seu centro non atopa rematador. Inténtao Antonio dous minutos despois, pero o seu lanzamento sae fóra. Acércanse con perigo os visitantes. No minuto 16, o 1:5. Tres minutos despois, o sexto. A partir de entón dominio e perigo constante do Chantada. Diego evita o sétimo no 31. Nada pode facer catro minutos despois, tras unha gran xogada individual pola banda esquerda. Clara ocasión do Arranxar no minuto 36, pero o lanzamento de Antonio non atopa portería. Si o fai o dianteiro visitante un minuto despois, aproveitando un rexeite. No 38, o porteiro do Chantada envía a córner un bo lanzamento de Javi. Final do partido, dun partido que se cadra non é da nosa liga, e sen embargo deixa moi boas sensacións daqueles primeiros vinte minutos que nos fan ser optimistas de cara ao futuro.

ResponderEliminar