martes, 27 de noviembre de 2012

Copa Deputación 2012/13 Cadete e Infantil

Comeza esta vindeira fin de semana unha nova edición da Copa Deputación de fútbol. Os equipos que non se clasificaron para xogar a Fase Final da Liga deberán xogar unha fase previa. O Arranxar disputará dita fase previa nas categorías Cadete e Infantil.

Cadetes: 14 equipos, repartidos en 2 grupos de 7 equipos cada un. O Arranxar xogará no Grupo B, e os seus rivais serán: Allariz, Santa Teresita, Maceda, Velle, Arrabaldo B e Ourense B. Clasifícanse para a seguinte fase os dous primeiros de cada grupo, que se enfrontarán en forma de cruz (1º do grupo A contra 2º do grupo B, 2º do grupo A contra 1º do grupo B), a dobre partido, pasando dous equipos á seguinte ronda.

Infantís: 13 equipos, repartidos en 2 grupos de 6 e 7 equipos cada un. O Arranxar xogará no Grupo B, e os seus rivais serán: Allariz, Santa Teresita, Maceda, Celanova, Arrabaldo e Ourense C. Clasifícanse para a seguinte fase os dous primeiros de cada grupo, que se enfrontarán en forma de cruz (1º do grupo A contra 2º do grupo B, 2º do grupo A contra 1º do grupo B), a dobre partido, pasando dous equipos á seguinte ronda.

Calendario Copa Deputación Cadetes
Calendario Copa Deputación Infantís

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.